• Inicio
  • Concello
    • Saúdo do Alcalde
    • Persoeiros de Honra
      • Figuras de Honra
    • Memoria Histórica
  • Municipio
    • Datos de interese
    • Triptico
  • Turismo
    • Patrimonio
      • Arqueostromomía
      • Periodo Prerromano – Castrexo
      • Periodo Romano
      • Patrimonio Religioso
      • Patrimonio Civil
      • Tipoloxía contructiva tradicional
    • Amoeiro en Google Maps
    • Persoeiros históricos
    • Fundación Otero Pedrayo
    • Rutas
      • Ruta dos Pazos Amoeiro
      • Ruta do Rio Barbantiño
      • Ruta Trasalba a Amoeiro
    • Camiño de Santiago
    • Festas e Feiras
    • Área Autocaravanas
    • Enoloxía
  • Servizos municipais
    • Educación
    • Sanidade
    • Cultura
      • Casa da Cultura Amoeiro
    • Instalacións Deportivas
      • Polideportivo Municipal
      • Campo Fútbol Municipal
    • Infancia
      • Acollida temperá 2019-2020
    • Recadación
  • Proxectos
  • Deportes
    • Fútbol
      • Amoeiro C.F.
      • Os Chaos
    • Ciclismo-MtB
      • II BTT Infantil 2023
      • BTT Amoeiro
    • Automovilismo
      • Rallye de Ourense
      • Rally Pazo Tizón (Antigo Lacón)
      • Escudería Amoeiro
    • Taekwondo
    • Amoeiro Futbol Sala
    • Padel
    • III Andaina popular 2024 Concello de Amoeiro
Concello de Amoeiro
Concello de Amoeiro

Amoeiro, Ourense, Spain

mayo 19th, 2025
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo do Alcalde
    • Persoeiros de Honra
      • Figuras de Honra
    • Memoria Histórica
  • Municipio
    • Datos de interese
    • Triptico
  • Turismo
    • Patrimonio
      • Arqueostromomía
      • Periodo Prerromano – Castrexo
      • Periodo Romano
      • Patrimonio Religioso
      • Patrimonio Civil
      • Tipoloxía contructiva tradicional
    • Amoeiro en Google Maps
    • Persoeiros históricos
    • Fundación Otero Pedrayo
    • Rutas
      • Ruta dos Pazos Amoeiro
      • Ruta do Rio Barbantiño
      • Ruta Trasalba a Amoeiro
    • Camiño de Santiago
    • Festas e Feiras
    • Área Autocaravanas
    • Enoloxía
  • Servizos municipais
    • Educación
    • Sanidade
    • Cultura
      • Casa da Cultura Amoeiro
    • Instalacións Deportivas
      • Polideportivo Municipal
      • Campo Fútbol Municipal
    • Infancia
      • Acollida temperá 2019-2020
    • Recadación
  • Proxectos
  • Deportes
    • Fútbol
      • Amoeiro C.F.
      • Os Chaos
    • Ciclismo-MtB
      • II BTT Infantil 2023
      • BTT Amoeiro
    • Automovilismo
      • Rallye de Ourense
      • Rally Pazo Tizón (Antigo Lacón)
      • Escudería Amoeiro
    • Taekwondo
    • Amoeiro Futbol Sala
    • Padel
    • III Andaina popular 2024 Concello de Amoeiro
  • Follow
    • Facebook
    • Twitter

Tipoloxía contructiva tradicional

Tipoloxía Constructiva Tradicional

Este apartado contempla construcións fortemente arraigadas na tradición popular, e inclúe cabaceiros, muíños, fornos, minas, fontes e eiras. Por fortuna, elementos abondosos na xeografía amoeirense, aínda que o estado de abandono de algunhas destas tipoloxías ameaza a súa supervivencia, polo que é obriga de todas as persoas que formamos parte de Amoeiro coidar deste ancestral patrimonio.

Os cabaceiros ocupan un lugar nuclear no lenzo patrimonial galego e, singularmente, en Amoeiro. Proba de súa relevancia é a protección que reciben dende 1973, e nomeadamente a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) que lles outorgou a Lei de Patrimonio Histórico Español de 25 de xuño de 1985 ; adicionalmente, debe subliñarse a cantidade e a singularidade de moitos deles na nosa terra: nun traballo encargado polo concello en 2009  ó especialista José Arturo Fernández Araújo e ó arquitecto Diego González Naval, que foi presentado ás axudas do 1% cultural en 2010, o Concello de Amoeiro inventariou 220 destas construccións, presentando un proxecto de restauración ante o Ministerio de Fomento que non conqueriu a axuda económica esperada por mor de cuestións técnico-xurídicas. A continuación, amósase unha mostra do proxecto que inclúe a introdución do Alcalde de Amoeiro e unha das 220 fichas incluídas no mesmo.

1-02-48

Mostra do Proxecto

Tamén é amplo o abano de muíños de auga que adornan a nosa xeografía, se ben o seu estado de conservación é máis preocupante que o dos cabaceiros. Exemplos destas construcións anexas ós cauces fluviais son os existentes en Martinga, Bubeiras, as Carballas (no “puzo” de Amoeiro), Fontefría, no Cachón, en A Pena, na Devesa, no Formigueiro, no puzo de Penouviña, en Cimadevila de Rouzós ou en Liñares. Algúns deles crese que son orixinarios do s. XVI (como os xa mencioandos de Fontefría); a súa reparación é unha tarefa inaprazable.

Un terceiro elemento patrimonial a destacar son os fornos. Aparte da súa función na alimentación (cocer pan, empanadas ou roscas, así como asar carnes), estas construcións desmpeñaron notables funcións comunitarias e mesmo políticas en Amoeiro. Os fiadeiros tiñan lugar ó calor dos fornos, e tamén neles agromou o agrarismo e a loita por unha terra libre da opresión e o caciquismo. Así, Benito Sánchez Dopazo (pai de Castor Sánchez Martínez, primeiro Alcalde da Democracia Amoeirense na II República) sementou o xermolo da loita polos dereitos dos labregos no forno de Portecelos, e a súa mensaxe trasladouse nestes entornos ós demais núcleos do municipio. Cada núcleo de poboación tiña o seu forno, e exemplos actuais deles son os existentes en Amoeiro, Os Casares, Cachomane, Fontefría, A Bergueira, Outeiro de Trasalba, Soutomanco, Portecelos, A Poboanza, O Burguete, O Fontao, Albeiros, A Bergueira, Monteasnal, O Burgo, Outeiro de Bóveda, O Priorato, Bacurín, Santabaia, Cimadevila de Rouzós, Loureiro, etc.

Tan indispensable como a comida é a auga, e nun terreo tan asucado por mananciais non resulta estrana a abundancia de minas e fontes. De feito, arredor dunha centena destes elementos poboan o municipio; as minas máis toscas e antigas coexisten con fontes sobrias construídas nos anos 50 que serviron de escaparate da publicidade franquista. Recentemente, o Concello de Amoeiro asentou placas sinalizadoras desta simboloxía nas devanditas fontes (13 en total) co obxecto de dar cumprimento á denominada Lei de Memoria Histórica.

Un último elemento a destacar na arquitectura tradicional é a eira ou construción chan de terra firme ou de pedra empregado para mallar cerais, secar legumes, etc. Na maioría dos casos constituía un lugar de encontro comunitario, aínda que parcelado de xeito individual; os máis acaudalados dispoñían de eiras de seu dentro das súas propiedades. Sea como for, o certo é que as eras esparexíanse por toda a xeografía rural, e delas quedan algunhas particularmente fermosas como acontece coas enlousadas,

Un último elemento da arquitectura popular son as adegas. Neste senso, e aínda que están espalladas por diversas partes do territorio amoeirense, só nun lugar constitúen unha agrupación característica: en A Bergueira; a razón é a zona de viñedos alí inscrita, pois trátase do lugar que reúne as condicións máis apropiadas para o seu cultivo. Na actualidade, algunhas delas reconvertíronse en vivendas.

Arquitectura Tradicional de Amoeiro

Adega 2 en A Bergueira
1 of 40 Adega 2 en A Bergueira
Adega en A Bergueira
1 of 40 Adega en A Bergueira
Adega-Vivenda en A Bergueira
1 of 40 Adega-Vivenda en A Bergueira
Cabaceiro de A Igrexa
1 of 40 Cabaceiro de A Igrexa
Cabaceiro de A Pica
1 of 40 Cabaceiro de A Pica
Cabaceiro de Abruciños
1 of 40 Cabaceiro de Abruciños
Cabaceiro de Arruxo
1 of 40 Cabaceiro de Arruxo
Cabaceiro de Bacurín
1 of 40 Cabaceiro de Bacurín
Cabaceiro de Cachomane
1 of 40 Cabaceiro de Cachomane
Cabaceiro de Chacín
1 of 40 Cabaceiro de Chacín
Cabaceiro de Codeseda
1 of 40 Cabaceiro de Codeseda
Cabaceiro de Coto Martín
1 of 40 Cabaceiro de Coto Martín
Cabaceiro de Loureiro
1 of 40 Cabaceiro de Loureiro
Cabaceiro de Monteasnal
1 of 40 Cabaceiro de Monteasnal
Cabaceiro de O Priorato
1 of 40 Cabaceiro de O Priorato
Cabaceiro de O Seixo
1 of 40 Cabaceiro de O Seixo
Cabaceiro de Os Casares
1 of 40 Cabaceiro de Os Casares
Cabaceiro de Outeiro de Bóveda
1 of 40 Cabaceiro de Outeiro de Bóveda
Cabaceiro de Sabariz
1 of 40 Cabaceiro de Sabariz
Cabaceiro de Santabaia 2
1 of 40 Cabaceiro de Santabaia 2
Cabaceiro de Santabaia 3
1 of 40 Cabaceiro de Santabaia 3
Cabaceiro de Santabaia
1 of 40 Cabaceiro de Santabaia
Cabaceiro de Sanxiao
1 of 40 Cabaceiro de Sanxiao
Cabaceiro de Soutomanco
1 of 40 Cabaceiro de Soutomanco
Cabaceiro do Pazo Museo Otero Pedrayo
1 of 40 Cabaceiro do Pazo Museo Otero Pedrayo
Cabaceiros de A Bergueira
1 of 40 Cabaceiros de A Bergueira
Cabaceiros de Cimadevila de Rouzós
1 of 40 Cabaceiros de Cimadevila de Rouzós
Cabaceiros de O Fontao
1 of 40 Cabaceiros de O Fontao
Cabaceiros de Os Garabatos
1 of 40 Cabaceiros de Os Garabatos
Cabaceiros de Outeiro de Trasalba
1 of 40 Cabaceiros de Outeiro de Trasalba
Eira de Casa Solariega de O Tiollo
1 of 40 Eira de Casa Solariega de O Tiollo
Eira de Loureiro
1 of 40 Eira de Loureiro
Eira en A Bergueira
1 of 40 Eira en A Bergueira
Fonte de Cerval
1 of 40 Fonte de Cerval
Forno de Albeiros
1 of 40 Forno de Albeiros
Forno de Outeiro de Bóveda
1 of 40 Forno de Outeiro de Bóveda
Palleira de Outeiro de Bóveda
1 of 40 Palleira de Outeiro de Bóveda
Mina en A Torre de Amoeiro
1 of 40 Mina en A Torre de Amoeiro
Placa Memoria Histórica
1 of 40 Placa Memoria Histórica
Cabaceiros Amoeiro
1 of 40 Cabaceiros Amoeiro

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Amoeiro

Sede Electrónica do Concello de Amoeiro

  • Inicio
  • Concello
  • Municipio
  • Turismo
  • Servizos municipais
  • Proxectos
  • Deportes
  • Back to top

ENDEREZO

Dirección: Rúa Castor Sánchez Martínez, 2
32170 Amoeiro, Ourense
Teléfono: 988 28 10 00

MAPA

© CONCELLO DE AMOEIRO 2022. Todos os dereitos reservados.