Sexan benvidas a esta web amoeiresa todas aquelas persoas que desexan coñecer máis sobre este fermoso concello da provincia de Ourense.
Desexamos transformar este espazo virtual nunha fiestra cara o mundo onde amosar a nosa cultura, as nosas historias humanas e os nosos espazos verdes.
Veñan a Amoeiro e descubran as marabillas agochadas de Abruciños e o seu pazo de San Damián, os paseos por Bóveda e o seu hórreo grande e xeneroso, así como o pazo de Cornoces que lle chaman da Martinga, as antigas historias que se contaban as lavandeiras de Fontefría, a natureza de Parada de Amoeiro e a espiritualidade de Rouzós; e non esquezan encher fondamente os seus pulmóns co aire de Trasalba, berce da cultura galega intelectual.
Eu invítolles a que vivan, traballen e gocen en Amoeiro. A que sintan Amoeiro.
Remato cun pequeno fragmento do mestre de Trasalba, Don Ramón Otero Pedrayo, no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega o 9 de decembro de 1929:
“Soi’o chego vestido c’a vosa bondade e por ela dóuvos as gracias de todo curazón.”
O voso alcalde,
José Luis González López