[vc_row][vc_column][vc_column_text]A personalidade dun municipio alicérzase nos fitos sobranceiros que constrúen a súa historia. O Grupo de Goberno do Concello de Amoeiro considerou que identificar tales logros, así como resaltalos conforme ós seus méritos, son as súas obrigas como administración pública e, con tales motivos, propuxo –concitando o acordo unánime da Corporación Municipal- aprobar un Regulamento de Honra e Distincións de seu na sesión plenaria celebrada o 11 de xuño de 2008.
Consonte á exposición de motivos desta norma municipal, o seu obxecto é “…dispor da regulación oportuna que permita recoñecer e premiar servizos extraordinarios para a localidade realizados de maneira pública, destacando aquelas condutas que sexan merecedoras de dito recoñecemento público, sobre todo valores como a tolerancia, a liberdade e o amor á terra.”
A aprobación definitiva do mencionado regulamento foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) número 195, de data 25 de agosto de 2008, e permite conceder diversos títulos, honras e condecoracións (art. 2), nomeamentos (art. 3) e outras distincións honoríficas (art. 12). A continuación, amósase o sinalado BOP no que se recolle esta regulación municipal.
Sobre a base desta norma honorífica, ata o de agora outorgáronse Títulos de Fillo Predilecto, Medallas de Ouro, Nomeamentos de Membros de Honra da Corporación Municipal e Asignacións de Vías Públicas. Estas distincións reflicten recoñecemento e gratitude públicos, e axudan a ennobrecer o carácter dunha comunidade. Prémase no botón situado baixo estas liñas para acceder ós honores municipais.[/vc_column_text][vc_btn title=»Fiestra ás Figuras de Honra» style=»3d» color=»purple» align=»center» link=»url:http%3A%2F%2Fwww.amoeiro.gal%2Ffiguras-de-honra||»][/vc_column][/vc_row]