Memoria Histórica

[vc_row][vc_column][vc_column_text]logo_ley_memoriaPodería definirse a memoria histórica como o esforzo consciente dos grupos humanos para atopar o seu pasado, valorándoo e tratándoo con especial respecto. Atribúese ó historiador e pensador francés Pierre Nora a creación deste concepto no seu dos seus traballos sobre identidade e memoria en Francia.

Nesta noción inscríbese o estudo dos campos de exterminio do Holocausto, que ocupan espazos da memoria histórica europea e accións da Organización de Nacións Unidas (ONU) como o Día Internacional da Memoria das Vítimas do Holocausto (que se desenvolve os 27 de xaneiro, coincidindo coa data de liberación de Auschwitz, o maior campo de concentración Nazi en 1945).

No estado español contemporáneo, podería aplicarse o termo memoria histórica ós esforzos desenvolvidos para recuperar a memoria e a dignidade das persoas que foron vítimas da represión franquista entre o golpe de estado de xullo de 1936 e a restauración da democracia en 1978. A este respecto, compre salientar a aprobación da Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen as medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura, que se coñece popularmente como Lei de Memoria Histórica.

A represión das persoas adeptas á II República e o xugo da ditadura franquista ocuparon este negro período da historia española, do que non foi allea a terra de Amoeiro. Asasinatos, encarceramentos, vexacións, espolios, abandonos do país, terror, silencio e moitos outros padecementos afectaron, durante décadas, a persoas e a familias, mergullando no esquecemento e na alienación á memoria dun pobo.

Tal é a magnitude do acontecido, que resultaría estraño para calquera observador alleo a esta terra entender que non fora ata 2013 cando comezaron a realizarse as primeiras accións públicas contra a ditadura e en favor da democracia e das vítimas da represión. Así, en 2013 asentáronse as placas sinalizadoras de simboloxía franquista nos lugares públicos ocupados por estes símbolos contrarios á Lei de Memoria Histórica. En 2014 honrouse á Corporación da II República e ás vítimas da Represión, e en 2015 o Concello de Amoeiro asignou vías públicas ós Alcaldes da Democracia.

Na honra de tantas persoas inxustamente esquecidas, e como símbolo de admiración a homes e mulleres valorosos, así como ás súas familias, dedícase este espazo municipal de Memoria Histórica de Amoeiro.

Tal lugar estará incompleto mentres non se recupere a memoria de todas as vítimas da represión en Amoeiro, e convídase á cidadanía a que aporte a información e a documentación que permitan acadar esta xusta finalidade.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=»1/2″][vc_single_image image=»1302″ alignment=»center» style=»vc_box_shadow_3d» onclick=»img_link_large» title=»PERSOEIROS DA CORPORACIÓN DE AMOEIRO DURANTE A II REPÚBLICA»][vc_column_text]Baixo este encabezamento amósanse narracións relativas ós Alcaldes e Concelleiros que constituíron a primeira corporación democrática de Amoeiro entre 1931 e 1936. Os seus logros ó fronte do concello son indiscutibles, e aínda hoxe evocan admiración os seus nomes. Estes méritos foron sinalados polos profesores Xulio Prada e Raúl Soutelo no informe que elaboraron como instrutores para solicitar, a título póstumo, a concesión das súas merecidas distincións municipais no ano 2014.

1-02-128

Informe dos Instrutores

Ademais, esta acreditación das súas contribucións á mellora das condicións de vida da cidadanía amoeirense tamén se recolle no vídeo que aparece baixo estas liñas.

Pola súa brevidade, antes que biografías son notas sinxelas elaboradas a partires de informacións atopadas nas actas municipais, en textos académicos e en rexistros oficiais, así como a través de testemuñas orais e manuscritos non publicados (como sucede co texto “Las alimañas de la noche” de José Benito Sánchez Chao).

O seu punto de partida son os membros da antedita corporación, ós que se engaden veciños e veciñas que sufriron a represión franquista naquel contexto histórico-social. En calquera caso, trátase de textos vivos permanentemente suxeitos a revisión e perfeccionamento, que deben ser coñecidos para valoración da nosa historia, homenaxe ás vítimas, respecto da vida e procura da paz.

[/vc_column_text][vc_btn title=»Os Persoeiros» color=»danger» link=»url:http%3A%2F%2Fwww.amoeiro.gal%2F%3Fp%3D1388||»][vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=KX9_UO5yquI» title=»Filme dos Méritos da Corporación da II República»][/vc_column][vc_column width=»1/2″][vc_single_image image=»1373″ alignment=»center» style=»vc_box_shadow_3d» title=»A REPRESIÓN EN AMOEIRO»][vc_column_text]

Amoeiro foi un caso pouco común onde as eleccións situaron ás forzas democráticas e progresistas ó fronte dunha alcaldía sen presenza da oposición conservadora tradicional. As vellas estruturas caciquís, que dominaron ata daquela as terras amoeirenses, perderon o seu poder hexemónico, instalándose unha nova orde de cousas nun clima de efervescencia social nunca antes coñecido.

Mais o rancor latexaba entre os antigos donos, que aproveitaron o golpe de estado á II República para perseguir e acabar co novo xeito de gobernar, silenciando durante décadas a voz de quen loitou contra a opresión e acabando, ó final, por ser vítima desta.

Homes e mulleres de todas as parroquias figuran na negra lista dos represaliados, parte de eles constan en documentos oficiais da época, outros foron salvaxemente torturados e asasinados sen mediar xuízo nin rexistro algún, e todos quedaron impresos na alma das familias coa pegada da dor sufrida. Dalgúns recuperáronse fotos e retallos da súa historia, mentres que outros aínda non saíron do ouvido.

Cada un, cada unha, son importantes e precisamos da colaboración de todos para que o seu rastro non se perda na escuridade do tempo. As informacións que se reciban incorporaranse ó acervo da nosa memoria.[/vc_column_text][vc_btn title=»A represión nas parroquias » color=»sandy-brown»][vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=yOhiI43cctE» title=»Vítimas da represión en Amoeiro»][/vc_column][/vc_row]