[vc_row][vc_column][vc_column_text]FILLO PREDILECTO DE AMOEIRO (2008): D. ANTÓN PULIDO NÓVOA
En recoñecemento ós méritos, valía e personalidade do grande pintor, gravador e, en definitiva, artista de Bóveda D. Antón Pulido Nóvoa, así como atendendo ás solicitudes realizadas por destacadas personalidades do mundo do arte e da literatura en Galicia, a Alcaldía do Concello de Amoeiro emitiu un Decreto, en data 17 de setembro de 2008, propondo outorgarlle o título de Fillo Predilecto de Amoeiro, e nomeando, así mesmo, á Concelleira Dna. María Luísa Peinado Lorca como Instrutora do procedemento, e a Dna. Carmen Méndez Diéguez como Secretaria do mesmo.
Á luz da abondosa documentación consultada, a Instrutora propuxo o nomeamento e elevou a proposta ó Pleno do Concello de Amoeiro, quen acordou, de xeito unánime, outorgalo na sesión plenaria celebrada o 25 de setembro de 2008 citando, así mesmo, ó homenaxeado para que acudira á cerimonia que tería lugar no Pazo Museo Otero Pedrayo o 18 de outubro, co obxecto de entregarlle o galardón coa maior solemnidade posible.
Nun salón de actos abarrotado de autoridades, amigos, veciños e familiares entregóuselle a D. Antón Pulido Nóvoa o diploma que o acreditou como Fillo Predilecto da súa terra natal, quen agradeceu o recoñecemento asegurando que “é o acto máis fermoso e inesperado que che pode acontecer”.
Como asegurou o alcalde Rafael Rodríguez Villarino o “mellor agasallo para esta terra é recoñecer en vida a valía do artista ata agora esquecida polos seus veciños”. Un artista que, como dicía Otero Pedrayo, “soubo acoller e entronar a elegancia severa dos chaos de Amoeiro”.
Antón Pulido Nóvoa, nado en Bóveda de Amoeiro, tamén foi nomeado Vigués Distinguido en 2007 e Premio Trasalba 2015, sendo un dos pintores máis sobranceiros do panorama galego. Cursou Estudos de Belas Artes na Escola Superior San Jorge (Barcelona), e foi durante moitos anos profesor de debuxo e artes plásticas no Instituto Álvaro Cunqueiro en Vigo, así como Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Director do Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela).
A súa primeira exposición tivo lugar no Ateneo de Ourense, en 1971, participando dende entón en máis de 50 exposicións individuais e colectivas en galegas, estatais e internacionais. En Cataluña, no ano 1987, representou a Galicia como invitado pola Generalitat, xunto a artistas da talla de Antonio Saura, García Berlanga, César Manrique e Baltasar Porcel, no marco dos «Encuentros de Antropología y diversidad hispánica». Editou tres carpetas de gravados, tituladas «O home», «O abrazo» e «A espera» nos anos 1978, 1979 e 1981. Exposicións destacadas de talla internacional son as que realizou en Taiwan (Galería “Jia Art Gallery” de Taipei, 2008), Beijing (Feira BEIJING FAIR ART, 2008), Shangai (Feira SHANGHAI ART FAIR, 2009), Seul (Feira KIAF/09 SEUL, 2009; Galería MYOUNG GALLERY , 2010; Feira SOAF SEUL, 2010) e Roma (Embaixada de Exipto en Roma, 2011; Galería Casiopeia, 2013).
Tamén está vinculado a proxectos editoriais, deseñando a colección Artistas Galegos da editorial Nova Galicia Edicións e portadas de libros da editorial «Ir Indo», reproducindo nalgunhas delas cadros de seu exhibidos en mostras relevantes. Na actualidade, a súa obra, asociable ás escolas xermanas de postguerra con modos fauvistas, ocupa lugares preferentes en museos e coleccións nacionais e internacionais. Apaixonado das redes sociais, avanza novidades da súa obra no seu propio Facebook.
Antón Pulido Nóvoa é un dos mellores embaixadores de Amoeiro alén da nosa terra, difundindo as palabras “Bóveda” e “Amoeiro” nas cerimonias, exposicións e numerosos actos ós que concorre. Xa o era antes do seu Nomeamento como primeiro Fillo Predilecto, e segue a selo –aínda con máis forza- dende aquela. A súa xenerosidade e talento son insignias que moven con elegancia a nosa bandeira.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_single_image image=»1250″ alignment=»center» style=»vc_box_shadow_3d» onclick=»img_link_large» title=»MEDALLAS DE OURO E NOMEAMENTOS DE MEMBROS DE HONRA DA CORPORACIÓN 2013: CERIMONIA DE EXALTACIÓN DA DEMOCRACIA MUNICIPALISTA «][vc_column_text]
Co obxecto de exaltar á Democracia Municipalista de Amoeiro, así como de amosar gratitude e recoñecemento polos servizos prestados á comunidade, a Alcaldía do Concello de Amoeiro decretou, en data 24 de Abril de 2013, o inicio do procedemento dirixido ó outorgamento das Medallas de Ouro de Amoeiro ós dous primeiros Alcaldes deste concello dende a restauración da democracia no estado español, así como á concesión de Nomeamentos de Membros de Honra da Corporación Municipal ás Concelleiras e ós Concelleiros que os acompañaron durante esta etapa histórica.
No mesmo Decreto de Alcaldía noméase, de acordo co establecido no Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Amoeiro, a D. Ricardo Fernández Rodríguez como Xuíz Instrutor do procedemento, e a Dna. Carmen Méndez Diéguez como Secretaria do mesmo.
Na sesión plenaria de data 2 de maio dese ano acordouse, unanimemente, outorgar os galardóns propostos, finalizándose o procedemento indicando que se faría entrega dos mesmos nunha cerimonia pública que tivo lugar, con solemnidade, no Pazo Museo Otero Pedrayo o 15 de xuño de 2013.
A continuación, preséntanse os homenaxeados propostos:
MEDALLA DE OURO DO CONCELLO DE AMOEIRO E NOMEAMENTO DE MEMBRO DE HONRA DO CONCELLO DE AMOEIRO
– D. JOSÉ GONZÁLEZ PÉREZ (Alcalde de Amoeiro entre 1979 e 1987)
– D. MANUEL FERNÁNDEZ RINCÓN (Alcalde de Amoeiro entre 1987 e 2007)
NOMEAMENTO DE MEMBRO HONORARIO DA CORPORACIÓN DE AMOEIRO (por orde da cronoloxía das corporacións municipais):
D. EDUARDO RÚAS FERNÁNDEZ, D. ELIGIO PÉREZ OSORIO, D. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ NÓVOA, D. MANUEL CASTRO NOUCHE, D. CELSO PARGA RALUY, D. MANUEL MARTÍNEZ DOPAZO, D. CASIANO GALLEGO LORENZO, D. AVELINO VÁZQUEZ VÁZQUEZ, D. MANUEL MONTES PULIDO, D. LUÍS GONZÁLEZ MORENZA, D. JESÚS RODRÍGUEZ NÓVOA, D. MANUEL SECO PÉREZ, D. ELADIO PEÑA FERNÁNDEZ, D. ADELINO GONZÁLEZ NÓVOA, D. MANUEL CARIDE SECO, D. LUÍS PEREIRA CONDE, D. JOSÉ MARÍA PÉREZ OSORIO, D. VALENTÍN ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, D. ÁNGEL ALMANSA PEREIRA, D. LUÍS CARIDE GONZÁLEZ, D. JULIO FEIJOO BLANCO, D. VÍCTOR REQUEJO PINAL, D. JOSÉ MANUEL PÉREZ GRANDE, D. JOSÉ ANTONIO SUÁREZ MÍGUEZ, D. XOSÉ LOIS VELOSO ABELLÁS, D. AQUILINO GONZÁLEZ CASTELAO, DNA. SONIA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, D. CAMILO JOSÉ ÁLVAREZ VÁZQUEZ, D. RAFAEL IGLESIAS CABANELAS, DNA. PURA ESTÉVEZ LAMAS, D. URBANO RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, D. ALBERTO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, D. ANTONIO PIÑEIRO FERNÁNDEZ, D. JAVIER FERNÁNDEZ FIGUEIRAL, DNA. MARÍA LUÍSA PEINADO LORCA, D. LUÍS VIANA SANTOS
Ademais dos galardóns, entregouse a cada persoa homenaxeada, ou a cada familiar da mesma, unha insignia co escudo do concello.
Tras a cerimonia celebrouse un Xantar Conmemorativo en Souto (Amoeiro). Tamén se proxectaron vídeos coa historia de vida dos Alcaldes que recibiron a Medalla de Ouro, así como referidos a enumeración dos concelleiros e concelleiras que recibiron o nomeamento de Membro de Honra en persoa ou a título póstumo.[/vc_column_text] [vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=XMuuKi5eXVw» title=»Medalla de Ouro a D. José González Pérez»][vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=FuHkY2DgfeI» title=»Medalla de Ouro a D. Manuel Fernández Rincón»][vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=QQtq2dLtL74″ title=»Membros de Honra da Corporación de Amoeiro»][vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=h9KCz32Uknk» title=»Membros de Honra da Corporación de Amoeiro a Título Póstumo»][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_single_image image=»1296″ alignment=»center» style=»vc_box_shadow_3d» onclick=»img_link_large» title=»MEDALLAS DE OURO E NOMEAMENTOS DE MEMBROS DE HONRA DA CORPORACIÓN 2014: HOMENAXE Á CORPORACIÓN DE AMOEIRO, 1931-1936″][vc_column_text]
En data 24 de xaneiro de 2014, a Alcaldía de Amoeiro iniciou o procedemento polo que se recoñecían os méritos da Primeira Agrupación Democrática deste concello, propoñendo o outorgamento de Nomeamentos de Membros de Honra da Corporación de Amoeiro aos seus Concelleiros e de Medallas de Ouro aos Alcaldes que a rexeron entre 1931 e 1936.
Deste xeito, o consistorio amosou a súa gratitude respecto duns homes de orixe humilde, sacrificados e comprometidos que foron quen de afrontar –en momentos convulsos, de crise e intensa mobilización social- o reto por acadar a democracia, a liberdade, a xustiza e a mellora das condicións de vida dos seus veciños e veciñas.
A súa loita foi gravosa no día a día, e finalmente tráxica para eles, as súas familias e moitas das persoas que lles acompañaron na procura destes ideais. Por tales motivos, era obriga deste concello restituír –simbolicamente, e a título póstumo- o legado duns homes que noutrora evocaron emoción e respecto, recuperándoo para a memoria colectiva de Amoeiro.
O instrumento para realizar este recoñecemento é o Regulamento de Honra e Distincións do Concello de Amoeiro, e consonte ó mesmo nomeouse a Dna. Susana Rodríguez Estévez como Xuíza Instrutora do procedemento, e a Dna. Carmen Méndez Diéguez como Secretaria do mesmo.
Na sesión plenaria do 30 de xaneiro de 2014 deuse lectura ó Informe de Acreditación de Méritos respecto dos galardóns propostos, que foi encomendado a dous Profesores estreitamente ligados á historia do noso municipio: D. Xulio Prada Rodríguez e D. Raúl Soutelo Vázquez.
Tras a lectura do antedito informe, o pleno acordou, por unanimidade:
- CONCEDER, A TÍTULO PÓSTUMO, A MEDALLA DE OURO DO CONCELLO DE AMOEIRO AOS ALCALDES:
- Castor Sánchez Martínez, que foi Alcalde de Amoeiro entre o 5 de xuño de 1931 e o 11 de outubro de 1934, así como dende o 24 de febreiro de 1936 ata a destitución de todas as corporacións republicanas da provincia tralo golpe militar de xullo de 1936. O 25 de agosto de 1.936, foi asasinado –sen sequera ser xulgado- na estrada de Leiro a Ribadavia, no cruce de Beade, descansando os seus restos no cemiterio desa localidade xunto ós do seu compañeiro Antonio Pérez Gutiérrez (coñecido co alcume de “Pinante”), a quen mataran pouco antes na estrada de Amoeiro a Parada.
- Manuel Vázquez González, que foi Alcalde de Amoeiro entre o 21 de outubro de 1934 e o 5 de xaneiro de 1936, data en que renunciou á Alcaldía por motivos particulares. El soubo manter unida á corporación de Amoeiro, e tamén as liñas de actuación marcadas polo liderado previo de Castor.
Así, mesmo realízase unha mención especial a D. José María González González, que foi Alcalde de Amoeiro dende o 19 de xaneiro ata o 24 de febreiro de 1936, a quen non foi posible entregar esta cualificación a pesares de compartir méritos cos Alcaldes anteditos, debido a que o Regulamento Municipal só permite a concesión de dúas medallas de ouro por ano. Tal limitación –cuxo espírito é o de elevar o valor das distincións que outorga- resulta inxusta para o caso excepcional que nos ocupa, e conduciu a propor que se outorgue a D. José María González González a Medalla de Ouro de Amoeiro no futuro recoñecemento de méritos que se realice neste municipio. Na memoria de quen foi alcumado como “O Pucha”, debe subliñarse que padeceu –ao igual que outros compañeiros de corporación e de ideais- os tráxicos efectos da persecución e da represión.
2. NOMEAR, A TÍTULO PÓSTUMO, COMO MEMBROS HONORARIOS DA CORPORACIÓN DE AMOEIRO Á TODALIDADE DOS SEUS INTEGRANTES, QUE ESTABA CONFORMADA POR:
- Wenceslao Corral González
- Francisco Dopazo Rodríguez
- Benigno González González
- José María González González
- Manuel González Paradela
- Antonio Otero Sarmiento
- Agustín Rivera Suárez
- Castor Sánchez Martínez
- Modesto Santos Pulido
- Maximino Sarmiento Gómez
- Manuel Vázquez González
- Marcial Vázquez Vázquez
3. EMPRAZAR AOS FAMILIARES DOS HOMENAXEADOS PARA A CERIMONIA QUE TERÁ LUGAR NO PAZO-MUSEO OTERO PEDRAYO O 15 DE XUÑO DE 2014, ÁS 12:00 HORAS, NA QUE SE FARÁ ENTREGA DOS RECOÑECEMENTOS COA MAIOR SOLEMNIDADE POSIBLE.
Despois da cerimonia, celebrouse un Xantar de Exaltación da Memoria de Amoeiro en Souto (Amoeiro).
Ademais dos galardóns, entregouse a cada familiar das persoas homenaxeadas ou daquelas que foron vítimas da represión franquista en Amoeiro unha insignia co escudo do concello, así como os dous seguintes textos alusivos á memoria das vítimas amoeirenses:
Carrión, X.S., Quintas, J., Cid, X.M. e Soutelo, R, (2014): Amoeiro 1936. A barbarie silenciada. Concello de Amoeiro & Fundación Luís Tilve: Santiago de Compostela.
Prada, J. (2014): Castor Sánchez Martínez. A conquista da cidadanía. Editorial Ir Indo: Vigo.
Tras a cerimonia celebrouse un Xantar de Exaltación da Memoria de Amoeiro en Souto (Amoeiro). Durante a cerimonia tamén se proxectaron vídeos alusivos ós logros da Corporación durante a II República e de Honra ás Vítimas da Represión en Amoeiro.
[/vc_column_text] [vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=KX9_UO5yquI» title=»Honra á Corporación de Amoeiro 1931-1936″][vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=yOhiI43cctE» title=»Honra ás Vítimas da Represión Franquista en Amoeiro»][vc_single_image image=»1344″ alignment=»center» style=»vc_box_shadow_3d» onclick=»img_link_large» title=»VÍAS PÚBLICAS NA HONRA DOS ALCALDES DA DEMOCRACIA AMOEIRENSE (2015)»][vc_column_text]O Concello de Amoeiro adoptou esta decisión na Sesión Plenaria celebrada o xoves 12 de novembro de 2015, contando cos votos favorables do Grupo de Goberno, que foi o seu impulsor, mentres que se abstivo o representante de XEIDA e votaron en conta os concelleiros do Partido Popular.
A medida de honra fundamentouse no informe de acreditación de méritos realizado polo concelleiro e deputado provincial do PSdeG-PSOE D. Adolfo González Nóvoa, e con ela o Concello de Amoeiro coroa un conxunto de accións dirixidas a un mesmo obxectivo: exaltar os valores da democracia na administración pública máis próxima á cidadanía, que é o seu concello.
A primeira acción nesta dirección tivo lugar en xuño de 2013, momento en que se designaron como Membros de Honra da Corporación ós concelleiros e ás concelleiras das corporacións democráticas post-franquistas, e se outorgou a Medalla de Ouro do Concello a dous alcaldes: D. José González Pérez e D. Manuel Fernández Rincón.
A segunda aconteceu en xuño de 2014 cando se nomearon Membros de Honra da Corporación a título póstumo ós doce integrantes da mesma durante a II República, concedéndose a Medalla de Ouro a dous dos tres Alcaldes que rexeron o municipio entre 1931 e 1936: D. Castor Sánchez Martínez e D. Manuel González Vázquez; non se puido outorgar nese momento a medalla de ouro ó terceiro Alcalde daquela etapa histórica –D. José María González González- debido a que o regulamento municipal de honra e distincións só permite dous galardóns desta natureza por ano.
Os cinco alcaldes sinalados reciben, así, un novo e merecido homenaxe que contribuirá a seguir lembrando a súa memoria no municipio e a destacar, así mesmo, a importancia das corporacións elixidas democraticamente.
Na elección das vías públicas primouse a proximidade respecto ó domicilio dos homenaxeados, coa excepción de D. Castor Sánchez Martínez, cuxa vivenda foi derrubada polas obras do tren de Alta Velocidade Española (AVE), privando ó municipio dun lugar no que rememorar a quen foi admirado rexedor e vítima da barbarie franquista, conducindo tales motivos a considerar á Casa Consistorial como seu simbólico lar, e propondo á rúa que a comunica co pobo como espazo que contribúa ó enaltecemento da súa figura.
De acordo cos anteditos criterios, O Concello de Amoeiro outorga as seguintes rúas:
- A D. Castor Sánchez Martínez: a Rúa Castor Sánchez Martínez, substituíndo á actual Rúa Bazacos.
- A D. Manuel Vázquez González: a Rúa Manuel Vázquez González, substituíndo á actual Rúa Fontevella.
- A D. José María González González: a Praza José María González González, substituíndo á actual Rúa Os Casares no entorno da praza de dita poboación.
- A D. José González Pérez: a Rúa José González Pérez, substituíndo á actual rúa Ourense no tramo comprendido entre a rúa de Santiago e o cruce da actual rúa Ourense coa estrada de Abruciños.
- A D. Manuel Fernández Rincón: a Rúa Manuel Fernández Rincón, substituíndo á actual Rúa de As Figueiras no espazo comprendido entre o fogar do homenaxeado e os cruces anterior e posterior ó mesmo.
No carrusel situado baixo estas liñas amósanse as vías públicas nas que se asentarán as placas que honran ós cinco alcaldes homenaxeados.
[/vc_column_text] [/vc_column][/vc_row]