julio 14th, 20150235 O domingo 6 de setembro de 2015 celebrarase a Primeira Ruta Cabalar de Amoeiro. Este evento terá o seu lugar de saída en Souto (Amoeiro), ás 10:30 horas, discorrendo por as fermosas paisaxes dos Chaos nunha xornada que será inesquecible para este municipio. Arredor das 14:00 horas, un xantar coroará o paseo desta ruta ecuestre que representa o inicio dunha serie continuada deste clase de percorridos pola nosa xeografía. As persoas interesadas en formar parte deste acontecemento poden obter máis información a través dos seguintes números telefónicos: -          678490430 -         ...

julio 8th, 20150203 O venres comezará a tempada de verán no Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte, estendéndose dende o 10 de xullo ata o 9 de setembro, ambos incluídos (dous meses). A demora na apertura está motivada pola protección do novo céspede, en cuxo crecemento incidiron as desacostumadamente altas temperaturas dos últimos meses (unhas das máis elevadas que se coñecen para estas datas). Nin as regas, nin os produtos de aceleramento do crecemento nin os numerosostratamentos especializados utilizados foron quen, a pesares do denodado esforzo dos traballadores e técnicos, de superar os efectos negativos da climatoloxía extrema deste...

julio 1st, 20150142 Amoeiro TV é un medio de comunicación audiovisual de vangarda nado en Amoeiro, e con proxección alén deste municipio. Esta canle forma parte dun proxecto máis amplo denominado FollowUsTV (www.fwstv.com), creado e desenvolvido por unha empresa tamén amoeirense: o Polígono Virtual de Galicia (PVG). FollowUsTV (ou Síguenos Televisión) é unha nova plataforma “tematizada” do audiovisual, que está sustentada e impulsada polas redes sociais, resultando accesible mediante smartphones, tablets, ordenadores ou sistemas de smartTV. Situada en Amoeiro, esta plataforma prestará os seus servizos ós municipios que a soliciten, de xeito...

julio 1st, 20150103 O mencionado curso inscríbese no marco do Programa Aurora, convidándose ás mulleres de Amoeiro a asistir á presentación do mesmo, que terá lugar o próximo venres 3 de xullo, ás 10:30 horas, no edificio da Biblioteca Municipal (actualmente denominado como Centro de Iniciativas Empresariais e Formación, e antes sede de antiga Casa Consistorial). Coa formación a impartir espérase capacitar ó colectivo feminino para adquirir as as destrezas básicas que lle permitan formar parte do proxecto denominado Amoeiro TV, que se inclúe á súa vez na plataforma FollowUsTV (Síguenos TV). Neste sentido, a canle de TV por internet a...

junio 16th, 20150104 Compartindo a proposta da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, o Concello de Amoeiro unirase á Concentración de Protesta convocada para desenvolverse o xoves 18 de xuño, ás 12 horas, no devandito centro escolar. Así mesmo, o Concello insta á poboación amoeirense para que asista á mencionada concentración e apoie esta manifestación de defensa da calidade do ensino público á que temos dereito. Agrupar ó alumnado, así como formular este recorte á lixeira, son propostas inaceptables por desentenderse da previsión de aumento de alumnos para o curso 2016-2017, así como por razóns...

junio 8th, 20150181 Á espera da súa publicación no BOP de Ourense, así como dos prazos neste previstos, avánzanse as bases do proceso de selección de 3 socorristas para o Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte (Amoeiro)durante a tempada estival de 2015. A N U N C I O SELECCIONPERSOAL COMPLEXO CIVICO-DEPORTIVO DE COSTADEMONTE TEMPADA DE VERAN 2015 Posto de Traballo: 3 Prazas de Socorrista Acuático. Presentaciónde Solicitudes: Oficinas Municipais. Prazo de presentación: Durante o prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente edicto no B.O.P. de Ourense. Requisitos: - Ter cumpridos 18...

junio 2nd, 20150434 Dende o pasado venres 29 de maio, o Concello de Amoeiro recibe queixas da veciñanza pola utilización, por parte da Deputación de Ourense, de axentes químicos para eliminar a maleza no entorno das estradas provinciais neste municipio. A indignación respecto a este xeito de actuar do ente provincial comezou en Trasalba e estendeuse, no día de onte, a Fontefría na que se repetiu a aplicación dun herbicida de amplo espectro e non ecolóxico, o glifosato comercializado como Spasor Plus pola marca Monsanto, nos marxes das estradas da Deputación nestas parroquias. En representación da veciñanza, e coincidindo plenamente co sentir...

mayo 8th, 20150181 O vindeiro venres 20 de marzo, a partires das 11 da mañá (11:00), chegará á nosa terra o espectáculo do futbolín ou fútbol de mesa en estado puro. En concreto, celebrarase no Pazo Municipal de Deportes o Primeiro Open de Amoeiro desta modalidade deportiva, que se encadra no seo da Liga Nacional de Futbolín (LNF), podendo desfrutar dunha competición que consta de catro categorías e máis de 3.000 euros en premios. Todo elo conforma un acontecemento de notoria relevancia a nivel local, provincial, galego e estatal, esperándose a inscrición de competidores e competidoras de ampla procedencia xeográfica. A dotación económica...
Page 3 of 1512345...