enero 18th, 20140103 Aínda que con retraso, cumprimos a nosa promesa: velaquí están algunhas das fotos da Festa de Aninovo 2014. Outras, por mor da súa baixa calidade, non puideron traerse a este espazo, e pregamos saibades desculpar tal ausencia. Os noso parabéns a Alfredo e a todas as persoas que o axudaron tras a barra para facer máis feliz ese día ós demais, e desexamos que o seu esforzo estivera recompensado cos fondos que o Entroido de Parada de Amoeiro tanto precisa. O dúo Music Lar estivo á altura, e a chocolatada foi de calidade. Nun ambiente agradable xiraron roldas de amigos e amigas, e as apertas cundiron por todas partes. Comezaba...

enero 18th, 20140151 Os días 26, 27 de decembro de 2013, e 2 e 3 de xaneiro de 2014, leváronse a cabo no Concello de Amoeiro unha serie de actividades para todos os nenos/as encamiñadas ó desfrute do tempo de lecer durante o período de vacacións de Nadal. Estas actividades de Nadal foron desenvolvidas –con grande implicación e competencia- por Sheila, a quen axudou de xeito altruísta e animoso a súa parella, contando ambos coa colaboración do educador social Tito (tamén da Mancomunidade Santa Águeda). Baseándonos na Memoria realizada por Sheila, reproducimos as actividades realizadas nestas datas as que se acompañan fotografías das mesmas cuxa...

enero 14th, 2014087 Debido ás dificultades de tránsito no entorno da Casa Consistorial do Concello de Amoeiro, e particularmente na parte posterior do Centro de Saúde, modificáronse recentemente os sentidos de circulación en varias rúas. En concreto, a rúa Bazacos en dirección ó Consistorio pasa a ser dun só sentido dende a estrada da Deputación ata o cruce coa rúa de Santa Catalina, xa que os vehículos aparcados e o tráfico na parte posterior do centro sanitario dificultaban o tránsito en dúas direccións ata entón existente. Deste xeito, facilítase a incorporación de pacientes ó devandito local da saúde e á casa de...

enero 8th, 20140240 Cada vez seremos máis os afortunados que poderemos gozar da maxia de Isabel Seidell. Algúns, xa puidemos albiscar -sequera de xeito superficial- o talento que tan xenial artista atesoura nas súas mans cando coñecemos a súa poliédrica obra. Cadernos con tapas de coiro reciclado, fíos artesanais que perforan páxinas de luz, guías que enxalzan a fermosura da paisaxe, postais que adornan espazos de cidades… e un sen número de materiais que se tornan arte coa súa caricia.   Dende a Universidade de Hamburgo á de Vigo, dende Alemaña a Amoeiro, Ourense, Galicia, Barcelona e tantos lugares que aínda brindarán coa...

diciembre 16th, 2013081 A Casa de Cultura do Concello de Amoeiro será o escenario no que terá lugar, este xoves 19 de decembro ás 20:00 horas, unha conferencia sobre un tema de saúde que consideramos de grande interese social: a diabetes. Dita conferencia será impartida por persoal altamente cualificado da organización “DQbito Formación y Desarrollo en Ingeniería Biomédica”, e consta de dúas partes: a)     Importancia da prevención e o diagnóstico temperán da enfermidade, reflexionando sobre as consecuencias dun mal control da mesma. b)    Información respecto das contribucións máis innovadoras da enxeñería biomédica en...

diciembre 16th, 2013090 Dende hoxe as luces do Nadal alumean as nosas parroquias, e co maior respecto cara quen máis dor sente nesta época do calendario, reciba toda a cidadanía o noso alento, así como o  noso ánimo cara a mocidade que celebrará con entusiasmo a Festa de Aninovo na Casa de Cultura de Amoeiro. Os festexos de Aninovo están organizados pola Comisión do Entroido de San Marcos, coa colaboración do Concello. Comezarán a partires das 00:30 horas do 1 de Xaneiro, estando amenizados polo Dúo Music-Lar que tamén dispón de discoteca móbil e karaoke para que algúns presuman das súas voces. A Corporación está ó dispor de toda a...
Page 15 of 15...131415