noviembre 7th, 20220722O Concello de Amoeiro e a Asociación “Os Bieletas”, organizan a Andaina Concello de Amoeiro 10-20K. A Proba desenvolverase íntegramente nos paraxes do concello de Amoeiro, dando a coñecer aos participantes a riqueza cultural e paisaxística do municipio, namentres se practica unha actividade deportiva ao aire libre.
A proba catalógase de carácter non competitivo, non oficial para ningún campeonato e restrinxida ao ámbito local do municipio de Amoeiro.
A proba constará de dúas variantes, das que os participantes poderán elexir: a primeria de 10 km de distancia e a segunda con 20 km de distancia total.
Inscricións
...
septiembre 26th, 2022084
Rematadas as obras de restauración da fonte - lavadoiro do pobo da Bergueira, parroquia de Trasalba.
Esta actuación forma parte da iniciativa municipal de restauracion das fontes antigas das parroquias do noso Concello.
Achegamos imaxes actuais e previas da fonte.
...
agosto 26th, 20210149Despois de meses de traballo coordinado entre os concellos de Ourense, Amoeiro, Maside, Carballiño, Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra, Boqueixón e tamén Xunta de Galicia e Deputación de Ourense, nace unha nova ruta dende Ourense ata Santiago denominada Camiño de NÓS. Unha nova ruta a pé que atravesará o centro do noso concello e que suporá un impulso ao turismo e negocios locais.
95 anos se cumpren do itinerario que fixeron a pé, no verán de 1926, dende Ourense a Santiago, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xavier Pardo, Antón Sánchez, Luis Feixóo, Afonso V. Monxardín e Florentino López Cuevillas.
Para conmemorar...