julio 31st, 20150138 A auga é un prezado ben que todos necesitamos e debemos usar de xeito moderado e responsable. O imperativo de consumo responsable é máximo no verán, no que a actual seca está a reducir a dispoñibilidade do líquido elemento e ameaza coa posibilidade de potenciais cortes de subministración, como foi avanzado recentemente pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Neste senso, debemos lembrar á veciñanza que o caudal de auga pública de consumo humano no concello de Amoeiro procede -na súa totalidade- do río Miño, que é un dos puntos dos que alertou a sinalada confederación hidrográfica. Porelo, pregamos á cidadanía...

julio 14th, 20150221 O domingo 6 de setembro de 2015 celebrarase a Primeira Ruta Cabalar de Amoeiro. Este evento terá o seu lugar de saída en Souto (Amoeiro), ás 10:30 horas, discorrendo por as fermosas paisaxes dos Chaos nunha xornada que será inesquecible para este municipio. Arredor das 14:00 horas, un xantar coroará o paseo desta ruta ecuestre que representa o inicio dunha serie continuada deste clase de percorridos pola nosa xeografía. As persoas interesadas en formar parte deste acontecemento poden obter máis información a través dos seguintes números telefónicos: -          678490430 -         ...

julio 8th, 20150190 O venres comezará a tempada de verán no Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte, estendéndose dende o 10 de xullo ata o 9 de setembro, ambos incluídos (dous meses). A demora na apertura está motivada pola protección do novo céspede, en cuxo crecemento incidiron as desacostumadamente altas temperaturas dos últimos meses (unhas das máis elevadas que se coñecen para estas datas). Nin as regas, nin os produtos de aceleramento do crecemento nin os numerosostratamentos especializados utilizados foron quen, a pesares do denodado esforzo dos traballadores e técnicos, de superar os efectos negativos da climatoloxía extrema deste...
Page 20 of 20...181920