octubre 26th, 20150288A Facultade de Historia de Universidade de Vigo organiza esta actividade, que celebrarase os vindeiros 29 e 30 de outubro en dous marcos distintos: o Salón de Graos Vicente Risco do Campus de Ourense, e o Salón de Actos da Casa Museo Otero Pedrayo de Cimadevila de Trasalba (Amoeiro).
O evento está patrocinado polo Consello Social, a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia, a Vicerreitoría do Campus de Ourense e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, colaborando no desenvolvemento do mesmo o Campus da Auga da Universidade de Vigo, a Fundación Otero Pedrayo e os Concellos de Ourense e Amoeiro.
Polo que atinxe a...
octubre 8th, 20150136Na mañá do pasado 29 de setembro, o Concello de Amoeiro recibiu unha das visitas que maior ledicia e honra lle transmiten: a das nenas e dos nenos escolarizados no noso municipio.
Unha actividade organizada polas mestras e mestres do CEIP Ramón Otero Pedrayo, que lles fixeron compaña e axudaron a canalizar as súas enerxías e ansias por observar, preguntar e, en definitiva, por coñecer a casa común do pobo de Amoeiro.
O paseo polas instalacións comezou polo taboleiro de anuncios, entrando a continuación na Sala de Sesións Plenarias; neste último lugar ocuparon as cadeiras da corporación municipal, así como a de...
octubre 6th, 20150240Amoeiro TV xa é realidade, e comeza cun acto excepcional: a Conferencia “Cartas de Republicanos Galegos Condenados a Morte, 1936-1948″, impartida no Pazo-Museo Ramón Otero Pedrayo (Cimadevila de Trasalba, Amoeiro) polo Excmo. Presidente da Real Academia Galega, Sr. Dr. Xesús Alonso Montero.
Con Amoeiro TV serán moitas as persoas, tanto do concello como alén desta terra, que terán a fortuna de desfrutar destes e doutros eventos municipais a partires de agora.
Trátase dunha canle dixital que emite en alta definición a través de internet, carecendo de límites e fronteiras.
Este medio de alta calidade está, polo tanto, a...
octubre 1st, 20150242Na sesión plenaria do pasado 10 de setembro, o grupo socialista propuxo a adopción municipal da ordenanza que recomenda a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para garantir a protección dos fogares ante os lumes.
Esta norma, denominada como “Ordenanza Municipal Reguladora da Xestión da Biomasa e das Distancias das Plantacións do Concello de Amoeiro”, é unha extensión da actual Lei 3/2007, de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia que actúa no solo urbano e de núcleo rural, e ten por obxecto conseguir axeitadas condicións de salubridade e seguridade que preveñan e eviten os...
octubre 1st, 20150258O tránsito de gando sen vehículo de transporte polo núcleo de Amoeiro xera evidentes prexuízos, sendo proba deles as numerosas queixas veciñais respecto á salvagarda da salubridade, do ornato e mesmo ó mantemento das vías neste espazo urbano.
Recollendo este sentir, o grupo municipal socialista presentou na pasada sesión plenaria do 10 de setembro unha ordenanza que prohibe o tránsito gandeiro, ben por si mesmo ou ben conducido por unha ou varias persoas, a través do casco urbano de Amoeiro, sinalando ós camiños rurais e ó resto de vías que descorren fora do sinalado entorno como lugares apropiados para desprazar as reses...
septiembre 29th, 20150187No marco das actividades de fomento do cooperativismo e a economía social de 2015, celebraranse no Concello de Amoeiro as devanditas xornadas.
A entidade encargada de impartilas é Equal Sociedade Cooperativa Galega, celebrándose na Casa da Cultura os días 8, 9, 13 e 14 de outubro, en horario de 9 a 14 horas (Total de 20 horas).
As persoas interesadas en recibir esta formación deben inscribirse nas oficinas da Casa Consistorial ou a través do teléfono municipal (988 28 10 00).
De seguido, amosase o programa das xornadas máis polo miúdo, tal é como é descrito pola mencionada entidade...
septiembre 28th, 20150249No seo dos actos desenvolvidos periodicamente polo Concello de Amoeiro para recuperar a memoria e sensibilizar á poboación respecto dos padecementos das vítimas da represión, desenvolverase, o vindeiro domingo 4 de outubro, ás 5 da tarde. unha exposición de singular relevancia no Salón de Actos do Pazo Museo Otero Pedrayo (Cimadevila, Trasalba).
En concreto, o Excmo. Sr. D. Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega, e Presidente de Honra da Fundación Ramón Otero Pedrayo, aproximarase á realidade da represión sufrida polos republicanos dende a súa obra “Cartas de Republicanos Galegos Condenados a Morte”, que...
septiembre 22nd, 20150196Ás 10 de esta mañá tivo lugar, na sede da Delegación de Mobilidade de Ourense, unha reunión de traballo na que participaron a Directora Xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o Alcalde de Amoeiro. O obxectivo da xuntanza era abordar unha tan vella como nunca concluída tarefa: a implantación do transporte metropolitano en Amoeiro e na bisbarra de Ourense.
No momento actual, aínda queda case todo por determinar. Exemplo de elo é que está sen realizar o estudo de penetración do transporte metropolitano na cidade, avanzando a Directora Xeral que ata o primeiro trimestre de 2016 non se prevé que estea rematado (incluíndo as...
septiembre 14th, 20150159A auga de consumo humano é un servizo básico, así como un prezado ben cidadán. En Amoeiro, o líquido elemento cáptase no río Miño, sendo impulsado mediante bombeos e distribuído ata os fogares a través dunha ampla rede de subministración municipal.
Os gastos ocasionados polo sistema son satisfeitos de acordo coas taxas estipuladas na ordenanza fiscal vixente, así como a través de aportacións das arcas públicas (xa que o sistema é deficitario). A maioría da cidadanía asume esta obriga, mais algunhas persoas actúan de xeito irresponsable e utilizan conexións ilegais sen contador co fin de evitar o pagamento.
Tan...