diciembre 15th, 20150278O concello anima á veciñanza a participar nunha campaña de solidariedade dirixida a mellorar as condicións de vida daquelas familias e persoas de Amoeiro que están a pasar circunstancias de carestía ou de limitacións de recursos básicos.
Quen desexe contribuír a estes fins pode aportar alimentos, roupa, calzado, mantas e outros elementos útiles para o fogar (mantas, sabas, etc.), depositándoos na casa consistorial ou nos locais sociais municipais (antigas escolas de As Figueiras, Bóveda, Fontefría, Parada e Trasalba, así como no local social de A Bergueira).
O CEIP Ramón Otero Pedrayo tamén se suma a esta iniciativa,...
diciembre 15th, 20150574A Casa Consistorial encheuse de ledicia hoxe pola mañán. Á unha do mediodía chegaron á casa de todos na compaña dos mestres do Centro de Ensino Infantil e Primario Plurilingue Ramón Otero Pedrayo, de Amoeiro. Arribaron plenos de sorrisos, e de agasallos. Agasallos para nenas e nenos que viven circunstancias menos afortunadas, para quen brindaron con entusiasmo un feixe de xoguetes. Xoguetes en magnífico estado, en lugar dos que xa non serven: bonecas, xogos educativos, libros, coches... a ducias, en cantidade, con xenerosidade.
O futuro deste concello vai por bo camiño, e deles todos debemos tomar exemplo.
As nosas nenas e os...
noviembre 22nd, 20150374Grazas á xenerosidade de María del Pilar Ruiz Ruano Monje, veciña de Fontefría a quen todos coñecemos como Pili, o tradicional Belén de Nadal adorna por primeira vez a Casa Consistorial.
Pili naceu en Bilbao, e seguiu dende nena a costume familiar de realizar o Belén do Nadal, axudando ó seu pai co que chegou a facer un con mistos!!!. Dende fai 10 anos, Pili afondou na súa afección ata transformala en paixón. Así, traballa con mimo o poliexpan (acrónimo do poliestireno expandido; tamén se denomina cos nomes de porexpan, corchopán ou cortiza branca), e combínao con musgo, pedra, madeira, terra, luces, etc. para crear...
noviembre 12th, 20150386O Concello de Amoeiro adoptou esta decisión na Sesión Plenaria celebrada o xoves 12 de novembro, contando cos votos favorables do Grupo de Goberno, que foi o seu impulsor, mentres que se abstivo o representante de XEIDA e votaron en conta os concelleiros do Partido Popular.
A medida de honra fundamentouse no informe de acreditación de méritos realizado polo concelleiro e deputado provincial do PSdeG-PSOE D. Adolfo González Nóvoa, e con ela o Concello de Amoeiro coroa un conxunto de accións dirixidas a un mesmo obxectivo: exaltar os valores da democracia na administración pública máis próxima á cidadanía, que é o seu...
noviembre 11th, 20150233A partires de agora, a páxina web do Concello de Amoeiro estará inscrita no dominio “.gal”, e contribuirá a fortalecer a lingua, a cultura, a historia e, en definitiva, as sinais de identidade galegas en internet e, polo tanto, na comunidade global dos nosos días.
Este é o dominio propio da lingua de Galicia, sendo empregado por un número crecente de administracións públicas, empresas e entidades sen ánimo de lucro. O Concello de Amoeiro únese a este grupo, lucindo a súa web institucional este emblema.
A mencionada web, que está en fase de probas, convivirá provisionalmente coa anterior, cuxo dominio é “.es”, ata...
noviembre 10th, 20150375
Proposta de modificación da Ordenanza sobre Tránsito de Gando no seu apartado sancionador
Aínda que non se recibiron alegacións formais á devandita ordenanza, é vontade deste grupo de goberno atender ás solicitudes non formalizadas oficialmente que foron realizadas por persoas con gando do entorno do casco urbano de Amoeiro. E a este respecto, proponse modificar o Artigo da devandita Ordenanza referido ó réxime sancionador (art. 5) no seu apartado número dous, de xeito que se contempla a posibilidade de limpar de residuos a zona de tránsito puntual de gando nun prazo máximo de 24 horas dende que ocorran os feitos obxecto de...
noviembre 5th, 20150189Organizado por Xanela, e coa colaboración do Concello de Amoeiro, mañá venres celebrarase a Terceira Edición de Halloween en Amoeiro.
O evento terá lugar a partires das 7 da tarde, e inclúe desfile de disfraces, “truco ou trato” polos locais comerciais, gran baile de máscaras, merenda e sorpresas engadidas.
Máis información nos teléfonos de Xanela: 988 279655 & 689218074
noviembre 4th, 20150178Co obxecto de dar cumprimento á Lei popularmente coñecida como de Memoria Histórica (Lei 52/2007), pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura, o Concello de Amoeiro decidiu instalar placas explicativas de Memoria Histórica en lugares públicos rotulados con simboloxía fascista. Tales localizacións inclúen, fundamentalmente, fontes públicas con gravados de xugos e frechas.
O asentamento das placas sobre as fontes cumpre as seguintes funcións:
a) pedagóxica, ó reflectir a finalidade...
octubre 31st, 20151232Onte, 30 de outubro de 2015, finou en Ourense Dna. Carmen Méndez Diéguez, Secretaria e Interventora do Concello de Amoeiro durante máis de 34 anos.
A Corporación e os empregados públicos desta administración amosan a súa gratitude polos servizos recibidos durante tantos anos de dedicación laboral, e únense ao pesar do seu esposo, filla, nai, irmá e demais familiares, a quen se lle transmiten as máis sentidas condolencias,