marzo 13th, 20160427O vindeiro mércores 23 de marzo, ás 8 da tarde (20 horas), terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Amoeiro unha Charla Informativa sobre axudas para a mellora das vivendas sitas nas parroquias de Bóveda e Rouzós.
Ditas axudas débense á pertenza das parroquias mencionadas ó Camiño de Santiago, concretamente á Ruta da Prata, sendo esta unha das localizacións subvencionadas no seo das establecidas para a Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago.
A normativa existente a este respecto aparece recollida na Orde de 22 de decembro de 2015 (DOG nº 246 de 28/12/15), que será explicada por unha arquitecta...
marzo 7th, 20160339Hoxe, 7 de marzo de 2015, o Concello de Amoeiro asinou un convenio de colaboración coa entidade asociativa prestadora de servizos sociais “Fundación Amigos de Galicia”, co obxecto de aumentar a cobertura de necesidades básicas da vida cotiá de persoas que atravesan por graves dificultades económicas.
Mediante este convenio o concello aportará 1.800 euros (procedentes da partida 231-480), que supoñen o 20% da axuda que percibirán en alimentos e bens de primeira necesidade as oito unidades familiares beneficiadas en Amoeiro; a sinalada fundación aportará o 80% restante, cuxos fondos proceden das seguintes orixes: Fondo...
marzo 2nd, 201601174A II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, que tivo lugar en Copenhague no ano 1910, é a orixe da conmemoración actual do Día Internacional da Muller e, por extensión, da muller Traballadora que se celebrou por primeira vez en Alemania, Austria, Dinamarca e Suíza o 19 de marzo de 1911.
En España, a primeira celebración tivo lugar en 1936, e a Organización das Nacións Unidas (ONU) institucionalizou o día 8 de marzo como data de celebración a partires de 1975. Este ano, o lema ou consigna da ONU é: "Por un planeta 50-50 en 2030: demos o paso para a igualdade de xénero."
Neste devir, e chegado o momento actual, o...
febrero 29th, 20160357Durante os meses de Marzo, Abril e Maio desenvolveranse diversas actividades formativas de orientación sociocomunitaria no Concello de Amoeiro.
A primeira delas consiste nunha Charla titulada “Igualdade de Xénero: Conceptos Básicos e Destrución de Mitos”, que se celebrará na Casa da Cultura o luns 7 de marzo, de 11:00 a 13:00 horas.
Os días 17 e 18 de marzo, desenvolverase –en horario de 11:00 a 14:00 horas e tamén na Casa da Cultura- un Obradoiro de “Adquisición de Competencias Básicas para a Busca de Emprego”.
A primeira actividade formativa do mes de abril consistirá nun Obradoiro sobre “Xestión de Recursos...
febrero 16th, 201601091Durante cinco xornadas de marzo e abril desenvolverase en Amoeiro un Curso Básico dirixido á obtención do Carné Oficial de Manipulador/Aplicador de Produtos Fitosanitarios.
O curso será levado a cabo por unha entidade colaboradora da Xunta de Galicia (Grupo Conforma) en colaboración co Concello de Amoeiro, terá unha duración de 25 horas e celebrarase na Casa da Cultura os sábados en horario de 8:30 a 14:00 horas, ocupando as seguintes datas: 12 e 19 de marzo, así como 2, 9 e 16 de abril do ano en curso.
O custe do mesmo é de 70 euros, ós que se engaden 8,85 euros en concepto de taxas para a emisión do carné. As...
febrero 16th, 20160474De acordo co avanzado no Bando Municipal de onte (15 de febreiro de 2016), o Concello de Amoeiro surtirá os menús do comedor escolar do CEIP Ramón Otero Pedrayo ata que o nivel de turbidez da auga da traída retorne á normalidade.
Esta medida aplícase de acordo coa Dirección do noso centro escolar, e tamén foi comunicada á ANPA do mesmo. Neste senso, recórrese a un servizo de catering que servirá comidas durante o que resta desta semana (mércores, xoves e venres), así como tamén durante a vindeira se fose preciso. En calquera caso, as actuacións desenvolvidas polo persoal técnico están logrando que descenda a bo ritmo o...
febrero 15th, 20160451As grandes crecidas do río Miño acontecidas durante os últimos días superan ás acontecidas en datas recentes, e están a xerar niveis de atoldamento da corrente fluvial desacostumadamente elevados. Con motivo dos aumentos de caudal precedentes desenvolvéronse unha serie de actuacións dirixidas a reducir os niveis de turbidez na rede municipal de abastecemento, así como a optimizar os procedementos de filtrado e de tratamento do líquido elemento na captación e na estación de bombeo (ETAP).
Sen embargo, estes traballos resultan polo momento insuficientes para aminorar a altísima turbidez do río ata niveis normativamente...
enero 21st, 20160565O Concello de Amoeiro tivo coñecemento, a través de informacións recibidas no día de hoxe pola empresa encargada de realizar o control analítico da auga de abastecemento do Concello de Amoeiro (AquaOurense), que os resultados da análise da desta indican que esta NON É APTA PARA O CONSUMO HUMANO.
Esta situación fundamentase, unicamente, nos niveis de turbidez da auga, que están causados polas últimas crecidas do río Miño, e que tamén están a afectar a outros concellos que se abastecen dende dito río.
Os técnicos prevén que o problema estará resolto ó cabo de dous ou tres días, o que se comunicará oportunamente ós...
diciembre 16th, 20150529
O parque de Souto en Amoeiro ocupa un lugar nuclear no municipio, sendo o máis utilizado polas familias que acuden coas súas nenas e cos seus nenos para desfrutar do parque infantil, dos aparellos biosaudables, do paseo recentemente construído ou doutros elementos que conforman, no seu conxunto, o que se denomina como o Parque dos Sentidos.
Unha necesidade sentida pola colectividade de usuarios deste espazo era a de dispor de servizos públicos co obxecto de evitar acudir ás cafeterías; dando resposta a esta demanda, instaláronse un w.c. feminino e outro masculino; non obstante, cuestións de prazos impediron afrontar...