mayo 10th, 20160668O Concello de Amoeiro crea a Bolsa de Emprego de Auxiliar de Axuda no Fogar 2016 para cubrir, mediante concurso-oposición e de xeito inmediato, dúas prazas temporais desta categoría laboral.
Os contratos formalizaranse baixo a modalidade de “contrato por obra ou servizo”, e prevese que estendan a súa duración ata finais da presente anualidade.
Presentación de solicitudes: No rexistro de entrada do Concello de Amoeiro (de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres), ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 38.4 da Lei 30/1992.
Prazo de presentación: Durante o prazo de cinco días naturais contados a partires da...
mayo 10th, 20160547Do luns 27 de xuño ó mércores 6 de xullo deste ano levarase a cabo un novo Curso de Aplicador-Manipulador de Produtos Fitosanitarios. O curso, longamente solicitado polo concello á oficina agraria de Ourense, acaba de ser concedido e será agora impartido na Casa da Cultura do Concello de Amoeiro nas datas sinaladas, e sempre a partires das 7 da tarde.
A entidade responsable da actividade formativa será a Xunta de Galicia, e non terá custe para os participantes, estando financiada nun 75% con fondos europeos (Fondos FEADER 2014-2020), así como da Consellería do Medio Rural (só terán que pagar os 8 euros que custa o...
abril 27th, 20160743Mañá venres 29 de abril de 2016, será unha xornada de celebracións na capitalidade de Amoeiro, pois realizaranse dúas accións longamente esperadas polo Goberno Municipal: a inauguración da Rúa Castor Sánchez Martínez e a do Paseo da Luz no Parque dos Sentidos.
Ás 7 da tarde, descubrirase a placa da antedita rúa que honra a memoria de quen foi o primeiro Alcalde da Democracia de Amoeiro, que tanto fixo por este municipio e tan alto prezo pagou por elo, pois arrancáronlle a vida o 25 de agosto de 1936 no cruce da estrada de Berán, ata onde o levaron os seus verdugos dende Parada de Amoeiro. O seu neto Xosé Manuel será a...
abril 27th, 20160368O luns 2 de maio, ás 8 da tarde, celebrarase unha sesión informativa sobre axudas para asociacións e para iniciativas empresariais na Casa da Cultura do Concello de Amoeiro.
A relatora da sesión será Beatriz Martínez, Xerente da Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU), na que Amoeiro é un dos concellos que a integran formando parte, así mesmo, da xunta directiva desta entidade asociativa incluída nos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia e, por extensión, na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
A asistencia a esta actividade é de interese para coñecer as vías de...
abril 27th, 201601426
O Concello de Amoeiro e a Fundación Ramón Otero Pedrayo convocan a primeira edición do “Certame Literario de Amoeiro”, institucionalizando entre ambas institucións un evento artístico que fixa a súa data de celebración o 17 de Maio, Día das Letras Galegas.
Nesta primeira convocatoria o seu foco será a poesía, e subliña a traxectoria de Manuel María Fernández Teixeiro, a quen se homenaxea no Día das Letras Galegas de 2016.
Quen queira participar no certame deberá presentar, antes do 13 de maio, unha poesía inédita en lingua galega cuxa extensión non supere unha cara en formato DIN A4, debendo presentarse a...
abril 19th, 20160765Causou asombro en 2013, e superará todas as expectativas este venres 22 de abril en Amoeiro. Daquela, o Mago Antón visitara o CEIP Ramón Otero Pedrayo pola mañá, e deleitounos coa súa arte na Casa da Cultura pola tarde.
Nesta ocasión: máis e mellor. En primeiro lugar, visitará este venres de novo o noso centro escolar, e engadiralle unha sorpresa adicional, que é a compaña doutro afamado mago para embelesar ás nosas nenas e ós nosos nenos. E logo, a partires das 7 da tarde, trae ó noso concello o seu máis grande espectáculo: o Mago Bus.
O Mago Bus estará aparcado a carón do Parque de Amoeiro. Trátase dun espléndido...
abril 10th, 20160325Sodes moitas as persoas que vos atopades fóra de Amoeiro por distintos motivos.
Algúns ocupades postos nas administracións públicas doutras provincias ou comunidades, outros traballades en empresas en diversos lugares de Ourense, de Galicia, de España ou mesmo no estranxeiro (noutros países de Europa, en América ou noutros lugares do mundo).
Nuns casos tedes ocupacións temporais e noutros levades anos, ou ata pode que toda unha vida lonxe de nós.
Sexa cal sexa a vosa situación, queremos saber de vos, que nos contedes cousas da vosa vida e, en definitiva, que vos comuniquedes connosco. Para elo, o Concello de Amoeiro abre...
abril 9th, 20160400A Televisión de Amoeiro e a Televisión Rural de Galicia estrean un programa no que poderás compartir os teus segredos de cociña mellor gardados: “Larpeiradas de Amoeiro”.
Se tes boa man cos entremeses, cos pratos principais ou cos de sobremesa, atrévete e amosa os motivos da túa fama. Axudarasnos a cociñar mellor, a innovar, a recuperar tradicións ou simplemente a que pasemos un bo rato.
Convida á túa familia ou ás túas amizades para desfrutar do teu talento unha vez rematada a faena, e participarás despois nun concurso no que se votarán as mellores labores de cociña.
Da un paso cara adiante e inscríbete a...
marzo 31st, 20160588Na sesión plenaria desenvolvida o 30 de marzo de 2016 aprobouse o presuposto para esta anualidade, así como outros asuntos de interese municipal, todos eles presentados a proposta do grupo de goberno.
Dous destes asuntos foron aprobados por unanimidade. O primeiro deles refírese á solicitude, a realizar ante a Consellería de Educación, da cesión de uso dos terreos situados na parte posterior da escola de Amoeiro co obxecto de que se constrúa unha gardería infantil que o municipio tanto necesita para fixar poboación e incrementar o alumnado do noso Centro de Ensino de Infantil e Primaria (CEIP). O segundo consistiu na aprobación...