Tramo do Camiño de Santiago por Amoeiro – Ruta Sanabresa
Unha parte da variante Sanabresa do Camiño de Santiago discorre polo Concello de Amoeiro.
A ruta Costa de Canedo – Ponte Mandrás
A ruta comeza entrando pola Costiña de Canedo. Ao chegar á cima da mesma (preto do Restaurante Outarelo) continua de fronte pola pista de terra «Camiño Real de Santiago» (Coordenadas 42°22’52.5″N 7°54’45.6″W). Esta pista de terra sae de novo ao asfalto e chega ata a parroquia de Liñares (Amoeiro) e a continuación por estrada ata As Quintás (Amoeiro).
Neste tramo entre Liñares e As Quintás pódese facer unha parada para apreciar a Ruta dos Muíños do Rio Formigueiro (42°24’10.2″N 7°55’32.9″W).
No pobo das Quintás desviámonos da estrada por un camiño asfaltado (42°24’18.8″N 7°55’44.3″W) en dirección recta cara a parroquia de Rouzós (Amoeiro).
No cruce coa estrada comarcal OU-0524 (42°24’58.2″N 7°56’05.0″W), continuamos de fronte pola pista de terra «Camiño Real». Desde este punto a 1 Km. de distancia pola estrada OU-524 en dirección Oeste, atópase o pobo de Amoeiro onde pódense atopar todos os servizos: centro médico, supermercados, cafés, bares, taperías, entidade bancaria, piscinas municipais, parque infantil, etc.
Continuando coa ruta polo «Camiño Real» atravesamos a parroquia de Cornoces (Amoeiro), onde podemos facer unha parada para ver o antigo Pazo de Martinga (42°25’37.1″N 7°56’59.4″W).
Ao final desta ruta, atoparemos a ponte medieval de Ponte Mandrás (Cea) (42°25’57.7″N 7°57’00.3″W)
Enlace/Ver mapa en Google Maps
Características do treito
Distancia: 7,0 km
Duración: 34 minutos e 40 segundos
Velocidade media: 12,1 km/h
Elevación mínima: 351 m
Elevación máxima: 429 m
Ascenso total: 75 m
Descenso total: 120 m