septiembre 22nd, 20150181 Ás 10 de esta mañá tivo lugar, na sede da Delegación de Mobilidade de Ourense, unha reunión de traballo na que participaron a Directora Xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, e o Alcalde de Amoeiro. O obxectivo da xuntanza era abordar unha tan vella como nunca concluída tarefa: a implantación do transporte metropolitano en Amoeiro e na bisbarra de Ourense. No momento actual, aínda queda case todo por determinar. Exemplo de elo é que está sen realizar o estudo de penetración do transporte metropolitano na cidade, avanzando a Directora Xeral que ata o primeiro trimestre de 2016 non se prevé que estea rematado (incluíndo as...

septiembre 14th, 20150140 A auga de consumo humano é un servizo básico, así como un prezado ben cidadán. En Amoeiro, o líquido elemento cáptase no río Miño, sendo impulsado mediante bombeos e distribuído ata os fogares a través dunha ampla rede de subministración municipal. Os gastos ocasionados polo sistema son satisfeitos de acordo coas taxas estipuladas na ordenanza fiscal vixente, así como a través de aportacións das arcas públicas (xa que o sistema é deficitario). A maioría da cidadanía asume esta obriga, mais algunhas persoas actúan de xeito irresponsable e utilizan conexións ilegais sen contador co fin de evitar o pagamento. Tan...

septiembre 12th, 20150409 Hoxe, ás 5 da tarde, tivo lugar unha fermosa celebración: o centenario do nacemento de Esperanza Paradela Panadero, veciña de Bóveda. A festa tivo lugar na súa casa de Bóveda, rodeada da súa ampla e alegre familia. A afortunada homenaxeada, aínda que está privada do sentido da vista e tivo problemas de saúde no último ano, puido gozar do aniversario pois o seu estado mental non está afectado. Ademais dos agasallos da familia, recibiu un ramo de flores da Asociación de Veciños de Bóveda, así como unha planta e a insignia en prata da figura ecuestre que distingue ó Concello de Amoeiro.   O Alcalde así como...

septiembre 12th, 20150138 A procura da supervivencia é a razón que trae á poboación inmigrante ata as nosas fronteiras, causando traxedias incesantes que avivan as conciencias. Nas últimas semanas, o éxodo da guerra en Siria deu lugar ó desprazamento de máis de 4 millóns de persoas, segundo ACNUR, acentuando a visibilidade dun horror que nos obriga a actuar. En Turquía permanecen arredor de 2.000.000. Líbano, Iraq, Xordania, Exipto e outros países norteafricanos repártense case a totalidade do resto. Os Sirios forman parte dos 265.000 refuxiados que seguiron camiño dende xaneiro a través do Mediterráneo, xunto a persoas doutras nacionalidades, ata...

septiembre 12th, 20150236 Tras o parón estival, retornan os Obradoiros de Memoria ó Concello de Amoeiro. Así, a partires da semana que comeza e ata finais de ano, esta exitosa e demandada actividade que aglutina a máis de 100 persoas en 6 localizacións públicas ó longo da xeografía municipal proseguirá nas seguintes localizacións con esta distribución de días e horas. LUGAR DÍA HORA A...

septiembre 3rd, 20150170 Acaban de iniciarse as obras para desenvolver unha ansiada mellora no Parque dos Sentidos (Souto, Amoeiro). Trátase do enlousado do paseo que atravesa a diagonal do devandito parque, conectando dous extremos do mesmo de xeito que se facilita o tránsito viario así como o uso e desfrute de tan fermoso entorno. Esta acción fará accesible a circulación ás persoas que precisen cadeiras de rodas, optimizará o tránsito peonil en épocas de choivas e aumentará, ademais, o atractivo dun espazo simbólico que ocupa o corazón da capitalidade municipal. A intervención representa unha continuidade respecto das levadas a cabo neste lugar...

septiembre 2nd, 20150102 O devandito curso terá lugar na Casa de Cultura do Concello de Amoeiro, celebrándose este xoves 3 de setembro, ás 8 da tarde. Delfín Campos Castro, osteópata e fisioterapeuta, será o relator do mesmo.

agosto 12th, 20150160 O 15 de agosto, día grande das Festas de Amoeiro, terá lugar un acto de gala no fútbol-sala amoeirense.  En concreto, no Pazo de Deportes Municipal, ás 7 da tarde, presentaranse ante a afección os equipos feminino e masculino desta categoría deportiva. A continuación, celebrarase un partido amigable entre ambas escuadras futbolísticas....

agosto 12th, 20150244 Comoé costumbre nas Festas Patronais de Amoeiro, e tal como se avanzara en xuño, o Amoeiro CF fará a súa presentación o vindeiro 15 de agosto no Campo Municipal de Fútbol de A Penafita. O acto terá lugar ás 7 da tarde, celebrándose un partido amigable co CD Barra de Miño. Moito ánimo a un equipo renovado, con numerososintegrantes do municipio e que está apoiando ó fútbol local e de base, e grazas ós integrantes do equipo de Barra de Miño por participar no evento....
Page 19 of 20...17181920