O Concello de Amoeiro recibiu unha axuda de 42.853 € dentro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024, co-financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.
Este plan ten por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan para mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.
As axudas están destinadas a ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal de todos os concellos de Galicia, con obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural.
Leave a Reply