I Concurso Fotográfico Concello de Amoeiro

O Concello de Amoeiro organiza o I Concurso Fotográfico Concello de Amoeiro. Esta actividade ten como finalidade dar a coñecer os recunchos máis fermosos do noso municipio; tanto por os participantes que saian a tomar as fotografías, como do resto de persoas que o aprecien a través destas últimas.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, maiores de idade e menores que cumplan as bases do Concurso. Calquer incumprimento das bases suporá a exclusión do participante do Concurso.

O prazo de recepción de fotografías irá dende o 15 de Decembro ao 08 de Xaneiro, ambos inclusive. Calquera foto enviada fora destas datas será excluida do concurso.

A temática das fotos para o concurso e “Recunchos con encanto do Concello de Amoeiro”. As fotos aceptadas para o concurso deberán conter un ou varios recursos paisaxísticos, exclusivamente do Concello de Amoeiro, que numeramos a continuación:

– Edificacións de interese cultural
– Edificacións históricas ou antigas
– Edificacións rústicas / rurais
– Paisaxes naturais
– Muíños, cabaceiros, construccións agrarias antigas, etc.
– Fervenzas, ríos, encoros, correntes rochosas, etc.
– Camiño de Santiago, sendas forestais, camiños, etc.

O gañador do concurso (a fotografía con mais votos) será agasallado cunha cea para dúas persoas nun negocio da zona (data a convir co establecemento colaborador).
As tres mellores fotografías (de distinta autoría) serán agasalladas tamén con un trofeo ao 1º,2º e 3er Clasificado do I Concurso fotográfico Concello de Amoeiro.

Máis info nas bases do concurso:

Bases do Concurso

Posts relacionados

Leave a Reply