O Slalom de Amoeiro coroa a Manuel Souto

O Slalom de Amoeiro coroa a Manuel Souto

O ourensán Miguel Paredes «Miúdo» foi segundo.

Amoeiro viviu unha grande xornada de automobilismo este sábado ao recuperar, tras moitos anos sen disputarse, o seu slalom coa disputa da súa décima edición.

Cabe destacar o triunfo de Manuel Souto, que ao volanto do seu Peugeot 205 GTI, foi quen de facerse cunha vitoria que non lla puxo nada fácil o ourensán Miguel Paredes «Miúdo», á postre segundo clasificado. Ao terceiro caixón do podio subiuse Iván Picallo cun Citroen Saxo.

Despois de tantos anos, regresou, e por todo o alto está proba disputada no Concello de Amoeiro, grazas, sobretodo ao bo facer de Escudería Ourense con mención especial para Eligio González Abellás «Eli», o culpable de que todo fora sobre rodas. A organización, participación e o gran número de afeccionados alí presentes fixeron deste slalom un éxito incuestionable.

A organización do Slalom quixo homenaxear este ano a D. Ramón Vázquez Piñeiro -primeiro organizador deste slalom-, que recibiu unha placa conmemorativa.

Posts relacionados

Leave a Reply