Estas actuacións consistiron na substitución dos automatismos de control e xestión dos equipos de bombeo, melloras de cadros eléctricos, revisión de válvulas de corte e posta a punto dos sistemas de bombeo, permitindo que todo o equipamento principal, auxiliar e de emerxencia estea traballando ao 100%.
As melloras tiveron lugar fai aproximadamente un ano e durante todo este tempo sometéronse ás novas instalacións a diferentes probas técnicas con óptimos resultados. O equipamento substituído estivo operativo desde a apertura das plantas, fai 25 anos.
Estas melloras foron realizadas exclusivamente a cargo de fondos propios do Concello de Amoeiro.
Achegamos imaxes da plantas de bombeo de Rivela e de Sequeiros.
Leave a Reply