Aberto novo prazo para o concurso sobre a concesión do servicio público do Complexo de ocio e deportivo Costa de Monte.
Breve descrición: É obxecto da contratación da xestión do servizo público mediante a modalidade de concesión, o mantemento, explotación e aproveitamento orixinados pola prestación do Servizo Público de Piscina, Bar da Piscina Municipal, do Bar externo a Piscina Municipal sito no mesmo complexo, e das instalacións de barbacoas.
Prazo presentación de ofertas: As ofertas presentaranse no Concello de AMOEIRO (Rexistro Xeral), en horario de 9:00 a 14:00 horas, dentro do prazo de 10 DÍAS NATURAIS contados a partir do día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio, neste senso a publicidade desenvolverase de xeito amplo a través de:
Tipo de contrato: Concesión de servizos.
Criterio de adxudicación: Mellor relación calidade-prezo.
Lugar execución: Complexo Piscinas Costa do Monte (Amoeiro).
Prazo execución de 3 anos
Mais información no documento anexo ou na secretaría do Concello de Amoeiro.
Leave a Reply