O concello de Amoeiro foi beneficiario dunha subvención solicitada ao abeiro da orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da comunidade autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI436A. Plan Corresponsables).
Axuda destinada ao desenvolvemento do programa concilia Amoeiro, que abrange o campamento de verán, o servizo de madrugadores, peque Amoeiro, ludoteca, taller nadal e actos culturais.
Programa cofinanciado polo Plan Corresponsables, ministerio de Igualdad, Gobierno de España e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Subvencións a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade
SI436A – Programa Plan Corresponsables no ámbito local
Dirección Xeral de Promoción da Igualdade





Leave a Reply