Subvención de AGADER – Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025. Proxecto de obra “Mellora de camiño en Pazos”

Subvención de AGADER – Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025. Proxecto de obra “Mellora de camiño en Pazos”

O Concello de Amoeiro recibiu unha axuda de 42.887 € dentro do Plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, co-financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024).

O lema do «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural», coa participación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no cofinanciamento das actuacións subvencionadas.

Este plan ten por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan para mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

As axudas están destinadas a ampliar, acondicionar e conservar a rede de camiños de titularidade municipal de todos os concellos de Galicia, con obxecto de mellorar a calidade de vida da poboación rural.

Cartel da obra. Localizado nas coordenadas ETRS 89 X= 587.032 m Y= 4.694.567 m

Posts relacionados

Leave a Reply