III Andaina Concello de Amoeiro

O Concello de Amoeiro e a Asociación “Os Bieletas”, organizan a «III Andaina popular 2024 Concello de Amoeiro».

A Proba desenvolverase íntegramente nos paraxes do concello de Amoeiro, dando a coñecer aos participantes a riqueza cultural e paisaxística do municipio, namentres se practica unha actividade deportiva ao aire libre.

A proba catalógase de carácter non competitivo, non oficial para ningún campeonato e restrinxida ao ámbito local do municipio de Amoeiro.

A proba constará de dúas variantes, das que os participantes poderán elexir: a primeria de 10,5 km de distancia e a segunda con 22,2 km de distancia total.

Inscripción pulsando AQUI

Regulamento da proba

Percorrido proba 10,5K (Google Maps)

Percorrido proba 22,2K (Google Maps)

Posts relacionados

Leave a Reply