O Concello de Amoeiro foi beneficiario das axudas do Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

O Concello de Amoeiro foi beneficiario das axudas do Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero

Os Concellos de Amoeiro e Coles, a través do programa de xestión compartida Emilia, foron beneficiarios das axudas da convocatoria SI435A, Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, da Consellería de Política Social e Igualdade, cofinanciada polo Unión Europea.

Os principais obxectivos do Programa Emilia son:

  • Reforzar a autoestima, o benestar e a calidade de vida das participantes.
  • Prestar orientación psicolóxica, xurídica e laboral integral ás
  • Reforzar o empoderamento de todas as mulleres participantes e dotalas de ferramentas que contribúan ao seu benestar, saúde e empregabilidade.
  • Promover a inserción social e laboral das participantes a través de actividades formativas amenas, creativas e estimulantes.
  • Previr a violencia de xénero en todas as súas formas e informar dos recursos existentes nas diferentes administracións e entidades.
  • Contribuír a superar as desigualdades estruturais por razón de xénero e as dificultades que xurdan da interseccionalidade de factores de vulnerabilidade sumados ao sexo como a idade, a discapacidade ou a falta de recursos.
  • Valorar o coñecemento, a experiencia e as capacidades das participantes mediante o debate, a cultura e a aprendizaxe e promover a participación das mulleres usuarias e contribuír a unha mellora da súa situación vital a través de traballos a prol da saúde física e mental, os seus hábitos alimentarios, o lecer ou o exercicio terapeútico.

As destinatarias do Programa son mulleres en situación de especial vulnerabilidade, mellorar a situación das mulleres en situación de especial vulnerabilidade buscando unha mellora da súa situación persoal, social e laboral mediante accións deseñadas con perspectiva de xénero, estratexia incorporada transversalmente en todas as actuacións e actividades tanto de asesoramento como de formación. O Concello de Amoeiro e o Concello de Coles queren manifestar a súa valoración altamente positiva ante os resultados do Programa e o seu positivo impacto nas mulleres do ambos municipios. Asemade, continuaremos solicitando estas axudas públicas e invitando a todas as mulleres veciñas nas actuacións desenvolvidas no mesmo.

Posts relacionados

Leave a Reply