Os Concellos de Amoeiro e Coles presentan o Programa Emilia financiado con Fondos Europeos

 

 

 

 

 

Subvenciones a entidades locales de la Comunidad

Autónoma de Galicia para la promoción de la igualdad

SI435A – Programa de promoción de la igualdad y prevención de la violencia de género

Esta actuación está cofinanciada por la Unión Europea con el objetivo de prevenir la violencia de género y de mejorar la situación de las víctimas de violencia de género y de las mujeres en situación de especial vulnerabilidad

Secretaría General de la Igualdad

Os Concellos de Amoeiro e Coles presentan neste ano 2023 o Programa Emilia, ao abeiro do Programa de Promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero (SI435A), da RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).

 

O Programa DESENVOLVEUSE de acordo coas actuacións expostas no apartado 1.b) do Artigo 7, Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero:

 

OBXECTIVOS:

Actuacións de promoción da igualdade, prevención da violencia de xénero e tratamento das vítimas, que incorporen na súa metodoloxía un enfoque de xénero, orientadas a previr a violencia de xénero e a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos, así como das persoas delas dependentes, e dirixidas a impulsar unha atención profesional de maior calidade.

 

ACTIVIDADES:

Obradoiros e formación

1) LIÑA SAÚDE, DE INTERVENCIÓN INTEGRAL EN MATERIA DE SAÚDE E BENESTAR CON PERSPECTIVA DE XÉNERO.

Intervención integral nos dous Concellos en materia de saúde e benestar.

Os obxectivos desta intervención FORON mellorar a saúde e o benestar de todas as mulleres nomeadamente as mulleres en situación de especial vulnerabilidade e por promover a igualdade de xénero, especialmente no eido social e da saúde.

“Co que eu me quero”

Traballouse a autoestima, a estimulación e a mellora de corpo e da mente, fomentando o benestar e a saúde das mulleres participantes con perspectiva de xénero.

“Mulleres que coidan a súa mente”

Traballouse no adestramento en técnicas de reforzo das capacidades cognitivas para exercitar o cerebro e contribuír reforzar o empoderamento das participantes e no manexo da soidade non desexada e incentivarase a exploración persoal para reescribir desexos, necesidades e intereses das mulleres.

“Aprende a (auto)coidarte”

Destinado ao aprendizaxe de ferramentas para o autocoidado da saúde a través do exercicio terapéutico mediante a aproximación aos conceptos de saúde, benestar e autocoidado dende un enfoque integral con perspectiva de xénero.

“Alimentación equilibrada”

Co obxectivo de facilitar ao grupo un coñecemento práctico que contribúa á recuperación e mantemento da saúde a través da alimentación cunha aproximación ás necesidade nutricionais básicas, a incidencia da alimentación na saúde das mulleres e a identificación das necesidade nutricionais específicas así como a importancia do eixo intestino-cerebro para a saúde física, mental e emocional. –

“A saúde sexual e reprodutiva das mulleres”.

Tratouse de mellorar o coñecemento da saúde sexual e reprodutiva e visibilizar e reflexionar sobre estereotipos e tabús, reforzando o coñecemento de dereitos existentes e a atención prenatal, o parto e o postparto, os IVEs, a menopausia etc…

 

2)LIÑA IGUALDADE , DE FALADOIROS FEMINISTAS.

Faladoiro: “As mulleres: Eixo da sostenibilidade rural”

Faladoiro: “Empoderate a través do arte”

“O valor dos coidados”

“Faladoiro sobre violencia de xénero”

“O potencial do teu móvil”

 

3) LIÑA LABORAL: DE ORIENTACIÓN LABORAL E PROMOCIÓN DA INSERCIÓN LABORAL DAS MULLERES PARTICIPANTES.

“Inserción e intereses ocupacionais”

“Obradoiro de capacitación para o acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e construción definitiva do perfil e o CV.”

“Obradoiro de autoemprego e emprendemento das mulleres.”

 

4) LIÑA 4 DE INTERVENCIÓNS GRUPAIS

 

Dinámicas de Traballo en grupo:

  • Debates
  • Charlas con persoas expertas
  • Encontros con persoas ao fronte de boas experiencias

Visitas e empresas:

 

RESULTADO:

  • Atención a vítimas de violencia de xénero.
  • Reforzo da atención á saúde mental e a autoestima.
  • Soporte psicolóxico da situación xeral da muller.
  • Mellora das habilidades sociais por pertenza a grupo vulnerables.
  • Abordaxe e traballo sobre as dificultades de inserción socio-laboral derivadas das situacións de violencia de xénero e outros factores de vulnerabilidade.

 

PARTICIPANTES: 44 persoas

Posts relacionados

Leave a Reply