⚠️ AVISO IMPORTANTE ‼️
📃 Achégase Bando Municipal do Concello de Amoeiro:
AVISO MUNICIPAL DE CONSUMO DE AUGA MODERADO E RACIONAL
⚠️ O consumo de auga procedente de abastecemento municipal está a alcanzar niveis elevadísimos durante os últimos días, dando lugar a baleirado dalgúns depósitos, reducións de presión e mesmo situación de carencia de auga nos fogares dos núcleos de Amoeiro.
⚠️ Co obxecto de impedir que esta circunstancia se repita e dea lugar a cortes prolongados de subministración, solicítase á cidadanía que realice UN CONSUMO MODERADO E RACIONAL da auga procedente da rede municipal de abastecemento.
⚠️ Así mesmo, e co obxecto de favorecer a restauración dos niveis dos depósitos, prégase temporalmente o uso preferente dos pozos das vivendas que dispoñan dos mesmos.
⚠️ Adicionalmente, lémbrase que está PROHIBIDA a utilización da auga da rede pública para enchido de piscinas, rega de céspedes, lavado de coches e fins alleos ao consumo humano e doméstico.
Leave a Reply