SELECCIÓN DE PERSOAL: SOCORRISTAS ACUÁTICOS

SELECCIÓN DE PERSOAL PARA O COMPLEXO CÍVICO – DEPORTIVO DE COSTADEMONTE (SOCORRISTAS ACUÁTICOS)

Achéganse as Bases para regulamentar o trámite para seleccionar e contratar a un socorrista acuático para as piscinas do Complexo Cívico – Deportivo de Costademonte durante a Tempada de verán de 2023.

A contratación laboral terá as seguintes características:

  • Ocupación: socorrista Grupo de Cotización: 9.
  • Servizo denominado: Servizo de salvamento e socorrismo.
  • Xornada: Completa (100%). O horario será fixado en atención ás necesidades do servizo.
  • Retribucións: 1.260 € brutos ó mes, incluídas a parte proporcional as pagas extras.
  • Duración: 2 meses.
  • Ámbito: No termo municipal do Concello de Amoeiro
  • Funcións: Levará a cabo actividades de socorrista no complexo das piscinas durante a campaña de verán.

Pódese descargar as Bases completas desde a seguinte ligazón: Bases especificas socorrista

Posts relacionados

Leave a Reply