Actividades de Formación Sociocomunitaria no Concello de Amoeiro

Actividades de Formación Sociocomunitaria no Concello de Amoeiro

Durante os meses de Marzo, Abril e Maio desenvolveranse diversas actividades formativas de orientación sociocomunitaria no Concello de Amoeiro.

XÉNEROA primeira delas consiste nunha Charla titulada “Igualdade de Xénero: Conceptos Básicos e Destrución de Mitos”, que se celebrará na Casa da Cultura o luns 7 de marzo, de 11:00 a 13:00 horas.

Os días 17 e 18 de marzo, desenvolverase –en horario de 11:00 a 14:00 horas e tamén na Casa da Cultura- un Obradoiro de “Adquisición de Competencias Básicas para a Busca de Emprego”.EMPREGO

A primeira actividade formativa do mes de abril consistirá nun Obradoiro sobre “Xestión de Recursos do Fogar”, no que se abordarán aspectos referidos a como manexar os gastos e ós dereitos dos consumidores. Dito obradoiro terá lugar na Casa da Cultura os días 7 e 8 de abril, en horario de 11:00 a 14:00.

FOGAREstas tres primeiras actividades serán desenvolvidas por Xarela, entidade dedicada á  formación e á animación.

Entre o 11 e o 22 de abril levarase a cabo un Curso de “Atención Domiciliaria para Persoas Dependentes”. Tal curso realizarase na Casa da Cultura de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas, e está dirixido a coidadores e coidadoras non profesionais que atenden ós seus familiares en situación de dependencia. Non obstante, o curso tamén pode servir para iniciar na formación a aquelas persoas que queiran dedicarse ó coidado de persoas dependentes dun xeito profesional.

Cursos Personas DependenciaEste apartado de actividades formativas culmínase cun “Curso de Iniciación ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs)” (informática básica), que se impartira na planta baixa da Biblioteca entre o 25 de abril e o 6 de maio, de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas. Tanto este curso como o anterior serán levados á práctica pola organización Solidaridad Intergeneracional.

Curso TICsSin títuloAs persoas interesadas en participar nestas actividades formativas sociocomunitarias  poden inscribirse nas mesmas dirixíndose á Casa Consistorial, así como telefonicamente (988281000) ou a través do seguinte enderezo electrónico: concello@amoeiro.gal

Posts relacionados

Leave a Reply