O Concello de Amoeiro cheo de xoguetes grazas ás nenas e ós nenos do noso CEIP

O Concello de Amoeiro cheo de xoguetes grazas ás nenas e ós nenos do noso CEIP

Nenas e nenos no interior concello reduxA Casa Consistorial encheuse de ledicia hoxe pola mañán. Á unha do mediodía chegaron á casa de todos na compaña dos mestres do Centro de Ensino Infantil e Primario Plurilingue Ramón Otero Pedrayo, de Amoeiro. Arribaron plenos de sorrisos, e de agasallos. Agasallos para nenas e nenos que viven circunstancias menos afortunadas, para quen brindaron con entusiasmo un feixe de xoguetes. Xoguetes en magnífico estado, en lugar dos que xa non serven: bonecas, xogos educativos, libros, coches… a ducias, en cantidade, con xenerosidade.

O futuro deste concello vai por bo camiño, e deles todos debemos tomar exemplo.

As nosas nenas e os nosos nenos, os nosos tesouros.

Xoguetes redux

Posts relacionados

Leave a Reply