O concello anima á veciñanza a participar nunha campaña de solidariedade dirixida a mellorar as condicións de vida daquelas familias e persoas de Amoeiro que están a pasar circunstancias de carestía ou de limitacións de recursos básicos.
Quen desexe contribuír a estes fins pode aportar alimentos, roupa, calzado, mantas e outros elementos útiles para o fogar (mantas, sabas, etc.), depositándoos na casa consistorial ou nos locais sociais municipais (antigas escolas de As Figueiras, Bóveda, Fontefría, Parada e Trasalba, así como no local social de A Bergueira).
O CEIP Ramón Otero Pedrayo tamén se suma a esta iniciativa, debendo entregarse as colaboracións solidarias na escola antes do venres día 18 de decembro, día de inicio das vacacións escolares de Nadal.
Por anticipado, grazas a todas as persoas que contribuirán a que o desfrute destas datas sexa posible nesta comunidade veciñal.





Leave a Reply