O Concello desenvolverá actividades para as nenas e os nenos de Amoeiro durante o Nadal.
Así, levaranse a cabo de xeito continuado –e en colaboración coa ANPA do CEIP Plurilingue Ramón Otero Pedrayo- obradoiros na escola durante os días 21,22, 28 e 29 de decembro, en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Por outra banda, o sábado 19 de decembro retorna o Brincamoeiro ó Pazo de Deportes municipal, e durante esta xornada as nenas e os nenos poderán desfrutar de atraccións como o tobogán xigante, a casa multixogos, o circuíto de cars a pedais o touro mecánico e obradoiros divertidos. O Pazo climatizarase con 3 canóns caloríficos, para que as nosas fillas e o os nosos fillos se divirtan, e as nais e pais non pasen frío, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.
O Concello de Amoeiro farase cargo do custe destas actividades e obradoiros, para que ningún neno nin ningunha nena se quede sen brincar durante o Nadal.





Leave a Reply