Orde do Día da Vindeira Sesión Plenaria (12/11/2015)

Orde do Día da Vindeira Sesión Plenaria (12/11/2015)

  1. Proposta de modificación da Ordenanza sobre Tránsito de Gando no seu apartado sancionador

EscobaAínda que non se recibiron alegacións formais á devandita ordenanza, é vontade deste grupo de goberno atender ás solicitudes non formalizadas oficialmente que foron realizadas por persoas con gando do entorno do casco urbano de Amoeiro. E a este respecto, proponse modificar o Artigo da devandita Ordenanza referido ó réxime sancionador (art. 5) no seu apartado número dous, de xeito que se contempla a posibilidade de limpar de residuos a zona de tránsito puntual de gando nun prazo máximo de 24 horas dende que ocorran os feitos obxecto de denuncia como paso previo á imposición de sancións. De seguido, amósanse a redacción actual e a nova redacción proposta:

REDACCIÓN ACTUAL:

  1. Quen sexa responsable da infracción será sancionado cunha multa de 100 euros por cabeza de gando, con un límite de 3.000 euros.

NOVA REDACCIÓN PROPOSTA:

  1. Quen transite con gando polo casco urbano de Amoeiro responsabilizarase, de acordo co artigo 4, dos danos e prexuízos causados debendo, en calquera caso, deixar a zona libre de residuos nun prazo inferior a 24 horas dende os feitos obxecto de denuncia; se os residuos permanecen na zona máis aló deste prazo aplicarase unha sanción de 100 euros por cabeza de gando, con un límite de 3.000 euros.

 

  1. Proposta de outorgamento de Rúas na Honra dos Alcaldes da Democracia de Amoeiro

De acordo co establecido no artigo 12 do Regulamento de Honra e Distincións do Concello de Amoeiro, e co informe de acreditación de méritos de D. Adolfo González Nóvoa, Concelleiro deste municipio e nomeado como Xuíz Instrutor desta causa segundo o Decreto de Alcaldía de 29 de agosto de agosto de 2014, proponse a asignación de vías públicas ós Alcaldes da Democracia de Amoeiro como recoñecemento simbólico ós servizos prestados a este municipio durante as etapas democráticas.

De seguido, amósanse o sinalado informe e imaxes das propostas de rúas realizadas.

1-02-128

Informe do Xuíz Instrutor

Rúa Castor Sánchez Martínez Rúa Manuel Vázquez González Praza José María González González Rúa José González Pérez Rúa Manuel Fernández Rincón

Posts relacionados

Leave a Reply