Amoeiro protexerá o seu casco urbano prohibindo a circulación de gando polo mesmo

Amoeiro protexerá o seu casco urbano prohibindo a circulación de gando polo mesmo

O tránsito de gando sen vehículo de transporte polo núcleo de Amoeiro xera evidentes prexuízos, sendo proba deles as numerosas queixas veciñais respecto á salvagarda da salubridade, do ornato e mesmo ó mantemento das vías neste espazo urbano.

Recollendo este sentir, o grupo municipal socialista presentou na pasada sesión plenaria do 10 de setembro unha ordenanza que  prohibe o tránsito gandeiro, ben por si mesmo ou ben conducido por unha ou varias persoas, a través do casco urbano de Amoeiro, sinalando ós camiños rurais e ó resto de vías que descorren fora do sinalado entorno como lugares apropiados para desprazar as reses no ámbito da capitalidade. Deste xeito, a mencionada regulación afecta exclusivamente ó núcleo de Souto de Amoeiro e ós seus arredores, tal e como aparecen reflectidos no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Os incumprimentos da citada norma sancionaranse con multas de 100 euros por res, con un límite de 3.000 euros.

Esta regulación foi aprobada cos votos favorables do grupo de goberno, manifestándose en contra da mesma os integrantes do PP e o representante de XEIDA.

Resoltas as alegacións ás que poida dar lugar, a ordenanza entrará en vigor 15 días despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Posts relacionados

Leave a Reply