No marco das actividades de fomento do cooperativismo e a economía social de 2015, celebraranse no Concello de Amoeiro as devanditas xornadas.
A entidade encargada de impartilas é Equal Sociedade Cooperativa Galega, celebrándose na Casa da Cultura os días 8, 9, 13 e 14 de outubro, en horario de 9 a 14 horas (Total de 20 horas).
As persoas interesadas en recibir esta formación deben inscribirse nas oficinas da Casa Consistorial ou a través do teléfono municipal (988 28 10 00).
De seguido, amosase o programa das xornadas máis polo miúdo, tal é como é descrito pola mencionada entidade colaboradora:
FINALIDADES:
- Analizar o potencial dos grupos en torno a obxectivos de interese común
- Familiarizarse coa fórmula cooperativa como escenario no que desenvolver intereses comúns
- A comunicación como ferramenta de cohesión grupal e facilitadora de procesos nas cooperativas
- Analizar a herdanza das comunidades rurais e o seu modelo organizativo
- Desenvolver habilidades sociais cooperativas e buscar o efecto multiplicador no grupo
DESTINATARIOS: PERSOAS DESEMPREGADAS E PÚBLICO EN XERAL
Nº HORAS: 20
DATAS: 08, 09, 13, 14 de outubro
HORARIO: de 9h a 14h
LUGAR: Casa da Cultura do Concello de Amoeiro
ENTIDADE COORDINADORA: Equal S. Coop. Galega
MEDIOS PREVISTOS:
- Aula de 75m2 equipada con cadeiras e mesas en número suficiente
- Pizarra, tv. vídeo, canón.
- Material audiovisual, materiais funxibles, bibliografía e outro material impreso.
Persoas a cargo das xornadas
Amparo Vázquez Ramos, con DNI 35.248.891 B, socia traballadora da entidade Equal S. Coop. Galega.
Licenciada en Filosofía e CC da Educación
Mª José Vázquez Ramos, con DNI 35249287 Q, socia traballadora da entidade Equal S. Coop. Galega.
Licenciada en Xeografía e Historia
ESTRUCTURA DAS XORNADAS
DÍA 08
- Coñecer e comprender o modelo de empresa cooperativa
- Ventaxas de traballar en cooperativa
- A fórmula cooperativa como escenario no que desenvolver iniciativas de autoemprego.
DÍA 09
- A proxección laboral dende o autocoñecemento das aptitudes e capacidades propias (biografía).
- Funcionamento, dinámica e cohesión do grupo. Remuíño de ideas (brainstorming) e temas que teñen interese para o grupo.
- Habilidades sociais cooperativas. As habilidades comunicativas como ferramenta esencial no traballo cooperativo
DÍA 13
- Presentación audiovisual e comentario de diferentes experiencias de emprendemento cooperativo.
Día 14
- Como funciona unha cooperativa
- Pasos para poñer en marcha unha cooperativa
- Apoios, incentivos, acompañamento e axudas públicas para as cooperativas.
1. DESCRIPCIÓN DAS XORNADAS
Aproveitando as estruturas locais xa existentes, no xeito que se describe no parágrafo anterior, tentarase agrupar e poñer en contacto persoas que poidan estar interesadas no emprendemento e o coñecemento da economía social, en particular aquelas persoas que estean en condicións de desemprego ou en risco de exclusión social.
O obxectivo xeral da actividade que se propón é proveer aos participantes de ferramentas básicas e recursos que contribúan a identificar puntos de interese capaces e susceptibles de materializarse en proxectos e iniciativas con base local e fórmula cooperativa.
Se ben o obxectivo xeral pode quedar lonxe de ser acadado en toda a súa amplitude, os obxectivos específicos que se designan a continuación eríxense como metas acadables que despexen o punto de partida de cada un dos participantes baseada no coñecemento das súas capacidades e sobre todo como a propia biografía entra en dinámica a través do grupo.
Facerse cunha rede de contactos en torno a intereses comúns , utilizar tales contactos como capital social para crear encontros en torno o emprego en xeral e o autoemprego en particular sen dúbida contribúen en crear relacións estables que contribúen a paliar o sentimento de soidade tan propio das nosas comunidades rurais.
Obxectivos específicos:
- Coñecer e familiarizarse cos apoios institucionais , locais, asociativos, puntos de información cooperativa e todo aquel tecido posto a disposición do emprendemento cooperativo.
- Definir os aspectos xerais para levar a cabo un proxecto de emprendemento
- Presentacións e comunicacións da biografía.
- As habilidades sociais e comunicativas postas a disposición do grupo
- Identificar áreas de interese común en torno a proxectos.
- Consolidar unha rede de contactos en torno a intereses comúns que dean operatividade e efectividade a posibles fins comúns.
- Coñecer e comprender a empresa cooperativa
METODOLOXÍA:
Diversas técnicas grupais destinadas a dinamizar as diferentes sesións serán postas a disposición dos diversos contidos do programa co obxecto de acadar a necesaria fluidez comunicativa e a establecer relacións interpersoais de confianza que faciliten a cohesión do grupo e a súa perdurabilidade no tempo.
Así pois, técnicas de cohesión grupal, presentacións e comunicacións curriculares, tormentas de ideas, ademais de exposicións teóricas, contribuirán a mellorar a calidade da comunicación entre os participantes e a crear unha dinámica que sen dúbida estimulará o interese pola actividade.





Leave a Reply