Esperanza, veciña de Bóveda, cumpriu 100 anos

Esperanza, veciña de Bóveda, cumpriu 100 anos

Hoxe, ás 5 da tarde, tivo lugar unha fermosa celebración: o centenario do nacemento de Esperanza Paradela Panadero, veciña de Bóveda.

A festa tivo lugar na súa casa de Bóveda, rodeada da súa ampla e alegre familia. A afortunada homenaxeada, aínda que está privada do sentido da vista e tivo problemas de saúde no último ano, puido gozar do aniversario pois o seu estado mental non está afectado.

Ademais dos agasallos da familia, recibiu un ramo de flores da Asociación de Veciños de Bóveda, así como unha planta e a insignia en prata da figura ecuestre que distingue ó Concello de Amoeiro.

 

O Alcalde así como unha concelleira e dous concelleiros máis do Corporacióngrupo de goberno municipal acompañaron a Esperanza e á súa familia, escusándose a presenza dos representantes dos restantes grupos da corporación que non puideron asistir ó evento.

Hoxe, a familia de Esperanza é moi extensa, pois a pesares de estar viúva, acompañárona a súa irmá así como os seus 8 fillos e fillas (3 homes e 5 mulleres), 21 netos, 24 bisnetos e 4 tataranetos, ademais doutra que ven en camiño.

Parabéns para tan numerosa e afortunada familia, e que o futuro permita unha celebración aínda máis singular: que a súa irmá cumpra tamén 100 anos e que ambas o desfruten con toda a familia ó seu arredor.

 

Familiares de lejosFamiliares bajoCentenaria LateralCentenaria Velas

Posts relacionados

Leave a Reply