Acaban de iniciarse as obras para desenvolver unha ansiada mellora no Parque dos Sentidos (Souto, Amoeiro). Trátase do enlousado do paseo que atravesa a diagonal do devandito parque, conectando dous extremos do mesmo de xeito que se facilita o tránsito viario así como o uso e desfrute de tan fermoso entorno.
Esta acción fará accesible
a circulación ás persoas que precisen cadeiras de rodas, optimizará o tránsito peonil en épocas de choivas e aumentará, ademais, o atractivo dun espazo simbólico que ocupa o corazón da capitalidade municipal.
A intervención representa unha continuidade respecto das levadas a cabo neste lugar durante os últimos, entre as que se inclúen a instalación
de elementos biosaudables e de xogo infantil, valados (sendo o máis recente o de metal recentemente finalizado), equipamento luminoso e de son, etc.
Dita obra conta cunha subvención
da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Orde de 22/12/2014), que dispón de financiamento da Unión Europea Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, vía Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. En concreto, tal medio cubre o 80% dos 30.537,34 € de custe (é dicir, 24.429,87 €), facéndose cargo o Concello de Amoeiro da cantidade restante así como dos 6.412,84 € de IVE.
A conclusión deste actuación levarase a cabo neste mes de setembro, debendo estar rematada ó final do mesmo.
Unha boa nova para o Concello de Amoeiro que pronto será realidade.






Leave a Reply