A auga é un prezado ben que todos necesitamos e debemos usar de xeito moderado e responsable.
O imperativo de consumo responsable é máximo no verán, no que a actual seca está a reducir a dispoñibilidade do líquido elemento e ameaza coa posibilidade de potenciais cortes
de subministración, como
foi avanzado recentemente pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Neste senso, debemos lembrar á veciñanza que o caudal de auga pública de consumo humano no concello de Amoeiro procede -na súa totalidade- do río Miño, que é un dos puntos dos que alertou a sinalada confederación hidrográfica.
Por
elo, pregamos á cidadanía que use con prudencia un ben compartido por todos, e advírtese que está prohibido o uso de auga da traída municipal para
regas, enchido de piscinas
ou lavado de automóbiles. Neste punto debemos realizar unha especial advertencia á veciñanza de As Figueiras, onde a presión do abastecemento diminúe e mesmo desaparece a determinadas horas, deixando á veciñanza sen
subministración; tal feito débese, previsiblemente, a regas ou enchidos de piscinas
que están totalmente prohibidos, que están a ser estudados e serán obxecto de sancións e suspensión do servizo.
Consumindo con moderación garantimos o abastecemento público
, aforramos gastos municipais, contaminamos menos
e evitamos restricións e déficit de abastecemento.





Leave a Reply