Conferencia: A Diabetes e as Tecnoloxías Biomédicas

Conferencia: A Diabetes e as Tecnoloxías Biomédicas

A Casa de Cultura do Concello de Amoeiro será o escenario no que terá lugar, este xoves 19 de decembro ás 20:00 horas, unha conferencia sobre un tema de saúde que consideramos de grande interese social: a diabetes.

Dita conferencia será impartida por persoal altamente cualificado da organización “DQbito Formación y Desarrollo en Ingeniería Biomédica”, e consta de dúas partes:

a)     Importancia da prevención e o diagnóstico temperán da enfermidade, reflexionando sobre as consecuencias dun mal control da mesma.

b)    Información respecto das contribucións máis innovadoras da enxeñería biomédica en relación ós métodos de control de azucre en sangue (glicosa), tratamentos e a posible curación deste mal.

Esta información difúndese a través da páxina web, facebook e twitter municipais, así como mediante cartelería institucional e avisos ás asociacións veciñais e de mulleres rurais presentes no concello de Amoeiro. Así mesmo, pregamos á cidadanía que comparta esta nova entre a veciñanza debido ós efectos adversos e ó común que é este trastorno entre o noso tecido social.

Cartel Diabetes Final

Posts relacionados

Leave a Reply