• Inicio
  • Concello
    • Saúdo do Alcalde
    • Persoeiros de Honra
      • Figuras de Honra
    • Memoria Histórica
  • Municipio
    • Datos de interese
    • Triptico
  • Turismo
    • Patrimonio
      • Arqueostromomía
      • Periodo Prerromano – Castrexo
      • Periodo Romano
      • Patrimonio Religioso
      • Patrimonio Civil
      • Tipoloxía contructiva tradicional
    • Amoeiro en Google Maps
    • Persoeiros históricos
    • Fundación Otero Pedrayo
    • Rutas
      • Ruta dos Pazos Amoeiro
      • Ruta do Rio Barbantiño
      • Ruta Trasalba a Amoeiro
    • Camiño de Santiago
    • Festas e Feiras
    • Área Autocaravanas
    • Enoloxía
  • Servizos municipais
    • Educación
    • Sanidade
    • Cultura
      • Casa da Cultura Amoeiro
    • Instalacións Deportivas
      • Polideportivo Municipal
      • Campo Fútbol Municipal
    • Infancia
      • Acollida temperá 2019-2020
    • Recadación
  • Proxectos
  • Deportes
    • Fútbol
      • Amoeiro C.F.
      • Os Chaos
    • Ciclismo-MtB
      • II BTT Infantil 2023
      • BTT Amoeiro
    • Automovilismo
      • Rallye de Ourense
      • Rally Pazo Tizón (Antigo Lacón)
      • Escudería Amoeiro
    • Taekwondo
    • Amoeiro Futbol Sala
    • Padel
    • Andaina Concello de Amoeiro
Concello de Amoeiro
Concello de Amoeiro

Amoeiro, Ourense, Spain

marzo 28th, 2023
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo do Alcalde
    • Persoeiros de Honra
      • Figuras de Honra
    • Memoria Histórica
  • Municipio
    • Datos de interese
    • Triptico
  • Turismo
    • Patrimonio
      • Arqueostromomía
      • Periodo Prerromano – Castrexo
      • Periodo Romano
      • Patrimonio Religioso
      • Patrimonio Civil
      • Tipoloxía contructiva tradicional
    • Amoeiro en Google Maps
    • Persoeiros históricos
    • Fundación Otero Pedrayo
    • Rutas
      • Ruta dos Pazos Amoeiro
      • Ruta do Rio Barbantiño
      • Ruta Trasalba a Amoeiro
    • Camiño de Santiago
    • Festas e Feiras
    • Área Autocaravanas
    • Enoloxía
  • Servizos municipais
    • Educación
    • Sanidade
    • Cultura
      • Casa da Cultura Amoeiro
    • Instalacións Deportivas
      • Polideportivo Municipal
      • Campo Fútbol Municipal
    • Infancia
      • Acollida temperá 2019-2020
    • Recadación
  • Proxectos
  • Deportes
    • Fútbol
      • Amoeiro C.F.
      • Os Chaos
    • Ciclismo-MtB
      • II BTT Infantil 2023
      • BTT Amoeiro
    • Automovilismo
      • Rallye de Ourense
      • Rally Pazo Tizón (Antigo Lacón)
      • Escudería Amoeiro
    • Taekwondo
    • Amoeiro Futbol Sala
    • Padel
    • Andaina Concello de Amoeiro
  • Follow
    • Facebook
    • Twitter

Periodo Romano

Período Romano e Altomedieval

Os romanos deixaron as súas pegadas en Amoeiro a través de dúas vías, a que conectaba Aquae Flaviae (Chaves) con Lucus Augusti (Lugo), e a que comunicaba a anterior localidade portuguesa con Iria Flavia (Padrón). Os miliarios, lares viais ou aras sinalizadoras marcaron este tránsito, quedando na actualidade só unha delas no municipio: a de San Xiao, que se atopa na Capela do lugar e realiza a curiosa función de pila bautismal. A de Cornoces, que se atopa actualmente no Museo Arqueolóxico de Ourense, data do ano 79 da era cristián, unía Chaves con Padrón e, ao parecer, estaba ó pé do portal da reitoral e usábaa o crego -Sixto Rodríguez como banqueta-poio e para subirse ó cabalo.

A calzada romana, de arredor de 300 metros de lonxitude, que comeza despois da Ponte de San Fiz, xa en territorio do concello veciño de Maside, é un magnífico exemplo da contibución viaria romana. Máis aló destes restos, pouco queda na nosa terra dos restos romanos.

1-02-128

Artigo sobre o broche de cinto de As Pereiras

Entrando no período altomedieval, son salientables os achados atopados no xacemento arqueolóxico de As Pereiras (Figueiras). Neste lugar, de  orixe romano, a posterior ocupación sueva ou hispano-visigoda deixaron mostras de actividades agrícolagandeiras e pastoriles. Así, entre o numeroso material atopado destacan un forno cerámico de dúas pezas e un broche de cinto en bronce; este broche, de grande valor e datado entre os séculos V e VII, está actualmente no museo arqueolóxico, e debido á súa relevancia axúntase un artigo sobre o mesmo, así como a súa imaxe no carrousel fotográfico que aparece baixo esta sección.

Adicionalmente, o alxibe situado no alto do Castro do Formigueiro (de forma cadrada, con varios metros de profundidade e protexido actualmente cunha reixa para evitar accidentes; ver carrusel de imaxes inferior) e a gravura medieval en pedra dunha grande espada na mesma zona son, así mesmo, notables vestixios desa época.

Finalizando a época medieval, debe realizarse una reseña especial para as pontes. A este respecto, destaca a Ponte de San Fiz, situada sobre o río Barbantiño entre Amoeiro e Maside que se empregou como vía de comunicación con Santiago; está documentada a súa reparación no século XIII, descoñecéndose a súa orixe concreta; durante as obras de construción do ferrocarril entre 1930-40 foi danada por actuacións vandálicas dos operarios. Tamén se construiu a Ponte de Mandrás sobre o mesmo río, situándose neste caso na fronteira con Cea; tampouco hai unha datación concreta desta ponte medieval, aínda que se se sabe que foi enlousada no s. XVIII. Por último, citamos a Ponte dos Frades de orixe medieval e asentada sobre o regato do Formigueiro; esta obra medieval foi derruída en 1.934 para construír a estrada de Porta do Prado a Parada, e ademais é un referente xeográfico nas obras de Otero Pedrayo O Vello e mailo río, Os Camiños da Vida e mesmo un verso dun poema de Bocarribeira.

Restos Romanos e Altomedievais

Gravura de Espada Medieval e Cruz no Castro de O Formigueiro
1 of 6 Gravura de Espada Medieval e Cruz no Castro de O Formigueiro
Ponte dos Frades
1 of 6 Ponte dos Frades
Alxibe do Formigueiro
1 of 6 Alxibe do Formigueiro
Broche de Cinto de As Pereiras
1 of 6 Broche de Cinto de As Pereiras
Ponte de Mandrás
1 of 6 Ponte de Mandrás
Ponte de San Fiz
1 of 6 Ponte de San Fiz

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Amoeiro

Sede Electrónica do Concello de Amoeiro

  • Inicio
  • Concello
  • Municipio
  • Turismo
  • Servizos municipais
  • Proxectos
  • Deportes
  • Back to top

ENDEREZO

Dirección: Rúa Castor Sánchez Martínez, 2
32170 Amoeiro, Ourense
Teléfono: 988 28 10 00

MAPA

© CONCELLO DE AMOEIRO 2022. Todos os dereitos reservados.