• Inicio
  • Concello
    • Saúdo do Alcalde
    • Persoeiros de Honra
      • Figuras de Honra
    • Memoria Histórica
  • Municipio
    • Datos de interese
    • Triptico
  • Turismo
    • Patrimonio
      • Arqueostromomía
      • Periodo Prerromano – Castrexo
      • Periodo Romano
      • Patrimonio Religioso
      • Patrimonio Civil
      • Tipoloxía contructiva tradicional
    • Amoeiro en Google Maps
    • Persoeiros históricos
    • Fundación Otero Pedrayo
    • Rutas
      • Ruta dos Pazos Amoeiro
      • Ruta do Rio Barbantiño
      • Ruta Trasalba a Amoeiro
    • Camiño de Santiago
    • Festas e Feiras
    • Área Autocaravanas
    • Enoloxía
  • Servizos municipais
    • Educación
    • Sanidade
    • Cultura
      • Casa da Cultura Amoeiro
    • Instalacións Deportivas
      • Polideportivo Municipal
      • Campo Fútbol Municipal
    • Infancia
      • Acollida temperá 2019-2020
    • Recadación
  • Proxectos
  • Deportes
    • Fútbol
      • Amoeiro C.F.
      • Os Chaos
    • Ciclismo-MtB
      • II BTT Infantil de Nadal
      • BTT Amoeiro
    • Automovilismo
      • Rallye de Ourense
      • Rally Pazo Tizón (Antigo Lacón)
      • Escudería Amoeiro
    • Taekwondo
    • Amoeiro Futbol Sala
    • Padel
    • Andaina Concello de Amoeiro
Concello de Amoeiro
Concello de Amoeiro

Amoeiro, Ourense, Spain

enero 29th, 2023
  • Inicio
  • Concello
    • Saúdo do Alcalde
    • Persoeiros de Honra
      • Figuras de Honra
    • Memoria Histórica
  • Municipio
    • Datos de interese
    • Triptico
  • Turismo
    • Patrimonio
      • Arqueostromomía
      • Periodo Prerromano – Castrexo
      • Periodo Romano
      • Patrimonio Religioso
      • Patrimonio Civil
      • Tipoloxía contructiva tradicional
    • Amoeiro en Google Maps
    • Persoeiros históricos
    • Fundación Otero Pedrayo
    • Rutas
      • Ruta dos Pazos Amoeiro
      • Ruta do Rio Barbantiño
      • Ruta Trasalba a Amoeiro
    • Camiño de Santiago
    • Festas e Feiras
    • Área Autocaravanas
    • Enoloxía
  • Servizos municipais
    • Educación
    • Sanidade
    • Cultura
      • Casa da Cultura Amoeiro
    • Instalacións Deportivas
      • Polideportivo Municipal
      • Campo Fútbol Municipal
    • Infancia
      • Acollida temperá 2019-2020
    • Recadación
  • Proxectos
  • Deportes
    • Fútbol
      • Amoeiro C.F.
      • Os Chaos
    • Ciclismo-MtB
      • II BTT Infantil de Nadal
      • BTT Amoeiro
    • Automovilismo
      • Rallye de Ourense
      • Rally Pazo Tizón (Antigo Lacón)
      • Escudería Amoeiro
    • Taekwondo
    • Amoeiro Futbol Sala
    • Padel
    • Andaina Concello de Amoeiro
  • Follow
    • Facebook
    • Twitter

Patrimonio Religioso

Arte Eclesiástico dende o Medievo

A herdanza do románico no patrimonio eclesiástico nutre, abondosamente, as freguesías amoeirenses, e merece un capítulo de seu. Ademáis deste texto, é recomendable observar estes e outros monumentos no apartado de Amoeiro 3D, que se atopa nesta web municipal.

En Abruciños atópase a Igrexa de San Xoán, orixinaria do s. XII e cunha nave engadida no s. XVII. O conxunto, fermoso e desproporcionado, acompáñase doutras construccións relixiosas relevantes como a Capela de San Cosmede (actualmente en ruínas), probablemente do s. XII, a de San Rafael (s. XIX) e o cruceiro do lugar.

A Igrexa de Santa María de Amoeiro data, así mesmo, do s. XII (1.162) e o coro do XVIII (1.750). No seu entorno aséntase un cruceiro, e no núcleo de San Marcos unha Capela, de estilo s. XVIII, que posúe -anexo á mesma- un antigo sepulcro escavado en pedra, cuxa datación remóntase ó s. X, e que pode ser a orixe desta edificación. No centro da parroquia, en Souto, había un peto de ánimas que foi trasladado ó patio dun particular que reside na zona.

O Mosteiro feminino de San Miguel do Priorato é un dos emblemas de Bóveda. A súa datación varía entre os séculos X e XII, foi desamortizado e hoxe é propiedade privada. Tamén compre subliñar a Igrexa de San Paio, de estilo s. XVIII e con datacións de, a lo menos, o s. XV, así como 3 cruceiros sitos na súa contorna.

1-02-128

Artigo sobre a inscrición

Na parroquia de Cornoces atópase a rústica Capela de San Estevo de Sabuxe que pode ser a máis antiga do municipio. Sen embargo, o elemento máis relevantes é a Igrexa de San Martiño de Cornoces, do s. XII, que se atopa sobre un castro e conta cunha das inscricións máis valiosas do país; a este respecto, debe salientarse o estudo sobre dita inscrición realizado polos Catedráticos de Latín Juan Luís Saco e Juan A. Saco, que aparce a carón destas liñas.

As capelas integradas no Pazo de Martinga (en estado de ruina) e no Pazo de Santa Catalina son tamén destacables, así como os 3 cruceiros desta parroquia e, singularmente, o de Sabariz. No núcleo máis excéntrico desta parroquia, Bubeiras, hai un fermoso peto de ánimas a carón da estrada.

A Igrexa de Santa Mariña de Fontefría data do s. XII e ampliouse no XVIII. Nas proximidades da mesma atópase un cruceiro, e destaca nesta parroquia a Capela de San Xiao, cunha ara romana no seu interior e lousas castrexas integradas nas súas paredes; a súa orixe sitúase en torno ó s. XII.

A freguesía de Parada está advocada a Santiago dende o s. XVIII, data en que se creou a cofradía do apóstolo e construíuse a igrexa parroquial, na que se integrou a capela procedente do Pazo de Miranda. Previamente, existía a Capela de A Poboanza para os veciños deste núcleo e dos pobos veciños de Rairo, Fonte de Rairo e A Teixeira; esta construción, de probable orixe no s. XII, está advocada ó Neno Xesús, conta cun cruceiro nas proximidades e sigue utilizándose na actualidade.

A Igrexa de San Cibrao é a que representa á freguesía de Rouzós. Reconstruíuse nos s. XVI e XVIII, e aséntase sobre unha construción orixinaria do ano 892, segundo escritos datados en 932. Nas proximidades, sitúase un cruceiro.

A Igrexa advocada a San Pedro en Trasalba data do s. XIII, amosa unha interesante transición do románico ó gótico, e integra, así mesmo, elementos de imitación castrexa. Na súa contorna figura un cruceiro. Debe recibir unha mención especial a Capela advocada á Candelaria, sita en O Formigueiro; esta construción románica e irregular conta na súa fachada cunha fermosa lousa castrexa, que é única en Galicia por amosar un xinete a cabalo entre unha reata destes animais. Esta pedra foi achada cando se volteu a mesa que facía as funcións de altar ó realizar unhas obras de remodelación en 1988. O mencionado xinete constitúe actualmente a identidade corporativa do Concello de Amoeiro. No pobo de Outeiro de Trasalba, fronte ó campo da festa, hai un peto de ánimas.

Ás reitoriais correspóndelles un comentario diferenciado, pois 7 das construccións anexas ás igrexas parroquiais atópanse en estado de ruina, e só a de Parada reúne condicións de habitabilidade; algunhas, como as de Abruciños, Cornoces e Rouzós xa están derrubadas, a de Amoeiro corre o mesmo perigo e as de Bóveda, Fontefría e Trasalba están en situación de abandono.

Patrimonio Eclesiástico de Amoeiro

Igrexa de Abruciños
1 of 22 Igrexa de Abruciños
Igrexa de Amoeiro
1 of 22 Igrexa de Amoeiro
Capela de San Marcos
1 of 22 Capela de San Marcos
Capela de San Cosmede
1 of 22 Capela de San Cosmede
Priorato de San Miguel en Bóveda
1 of 22 Priorato de San Miguel en Bóveda
Igrexa de Bóveda
1 of 22 Igrexa de Bóveda
Igrexa de Cornoces
1 of 22 Igrexa de Cornoces
Capela de San Estevo
1 of 22 Capela de San Estevo
Igrexa de Fontefría
1 of 22 Igrexa de Fontefría
Capela de San Xiao
1 of 22 Capela de San Xiao
Igrexa de Parada
1 of 22 Igrexa de Parada
Capela de A Poboanza
1 of 22 Capela de A Poboanza
Igrexa de Rouzós
1 of 22 Igrexa de Rouzós
Igrexa de Trasalba
1 of 22 Igrexa de Trasalba
Capela de O Formigueiro
1 of 22 Capela de O Formigueiro
Peto de Ánimas de Bubeiras
1 of 22 Peto de Ánimas de Bubeiras
Peto de Ánimas de Outeiro de Trasalba
1 of 22 Peto de Ánimas de Outeiro de Trasalba
Cabeza adosada na Igrexa de Trasalba
1 of 22 Cabeza adosada na Igrexa de Trasalba
Cruceiro de Sabariz
1 of 22 Cruceiro de Sabariz
Porta da Igrexa de San Pedro de Trasalba
1 of 22 Porta da Igrexa de San Pedro de Trasalba
Inscrición na Igrexa de San Martiño de Cornoces
1 of 22 Inscrición na Igrexa de San Martiño de Cornoces
Reitoral de Trasalba
1 of 22 Reitoral de Trasalba

SEDE ELECTRÓNICA

Sede Electrónica do Concello de Amoeiro

Sede Electrónica do Concello de Amoeiro

  • Inicio
  • Concello
  • Municipio
  • Turismo
  • Servizos municipais
  • Proxectos
  • Deportes
  • Back to top

ENDEREZO

Dirección: Rúa Castor Sánchez Martínez, 2
32170 Amoeiro, Ourense
Teléfono: 988 28 10 00

MAPA

© CONCELLO DE AMOEIRO 2022. Todos os dereitos reservados.