diciembre 5th, 20130235 Na mañá de hoxe apareceu o corpo devorado dunha ovella no espazo de pasto que ocupa un rabaño destes animais en A Bergueira (Trasalba), segundo informa a propietaria do mesmo. O relato da mesma sinala ó lobo como posible responsable do ataque, e para elo baséase no avistamento de lobos en Punxín e Maside por parte dunha cuadrilla de cazadores de Amoeiro, así como na opinión de axentes do seprona ó recibir a imaxe do óvido atacado que se amosa a continuación. Á espera da visita in situ dos devanditos axentes para establecer xuízos e recomendacións firmes, prégase vixilancia e coidado do gando para previr novos...

diciembre 1st, 2013096 A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro organiza un Mercado de Nadal, que se celebrará no Pavillón de Deportes Municipal o sábado 20 de decembro, en horario de 9 a 14 e de 16 a 20 horas. A finalidade do evento é recadar fondos para contribuír a financiar actividades extra-escolares das nosas nenas e dos nosos nenos de ensino infantil e primaria, así como animar o Nadal e atraer a persoas emprendedoras que queiran dar a coñecer os seus produtos; estas últimas deben contactar coa ANPA a través do seu evento en Facebook...

septiembre 21st, 2013483 Nunha viaxe cicloturística das forzas de seguridade, os nosos representantes de Amoeiro -Sergio e Eloy- tamén tiveron a compaña de Amoeiro na ruta que realizaron ata Santiago de Compostela. Eles mesmos solicitaron portar a imaxe milenaria dun Concello que, grazas á súa iniciativa, será coñecido agora por moitas máis persoas. Por elo, transmitimos os nosos parabéns e gratitudes a ambos, pois colaboran a difundir o coñecemento dun municipio que procura, cada día, atraer a máis persoas ás súas terras.
Page 16 of 16...141516