marzo 8th, 20170114 DECLARACIÓN INSTITUCIONAL FEMP 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2017 O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. É un día de reivindicación, de denuncia e de reflexión que concita innumerables manifestacións contra a violencia machista e permite poñer en evidencia as discriminacións que as mulleres seguen padecendo para acceder en igualdade a un emprego, á educación ou á sanidade. Somos conscientes dos avances normativos que se sucederon para dar recoñecemento e promover a igualdade entre mulleres e homes: desde a Carta de Nacións Unidas, aprobada en 1945, ata o Tratado de Funcionamento da Unión Europea de...

marzo 7th, 20172478 O CONCELLO DE AMOEIRO INCLÚE NA SESIÓN PLENARIA DO PRÓXIMO XOVES A APROBACIÓN DUNHA DECLARACIÓN DE HONORABILIDADE E LEXITIMIDADE DA MASONERÍA   Con motivo da celebración do III Centenario da Francmasonería Universal, o grupo de goberno do Concello de Amoeiro incluirá na sesión plenaria que se celebrará o xoves 9 de marzo, ás 18:00 horas, a aprobación institucional da seguinte declaración: "En 2017 a Masonería celebra en todo o mundo o tricentenario dos seus ideais de libre pensamento e tolerancia fraterna entre todos os seres humanos. A través desta declaración institucional unímonos ao recoñecemento da...

junio 5th, 201642648 No seo do Programa para a Xuventude 2016, que está organizado polos Concellos de Amoeiro, Coles e Maside, ofrécese a posibilidade de participar a mozas e mozos de ditos concellos, entre 12 e 14 anos, no Campamento de Verán Virxe de Loreto. O campamento desenvolverase entre o 17 e o 22 de xullo nas instalacións homónimas da Xunta de Galicia, sitas á beira do mar en A Aguieira, a 2 quilómetros de Porto do Son (A Coruña). O campamento terá como piares fundamentais a tolerancia, a igualdade, a revalorización dos recursos naturais e a aposta por un futuro sostible. Todas as actividades adaptaranse ao grupo de idade e...

mayo 5th, 20162380 Na sesión plenaria celebrada hoxe, 5 de maio de 2016, o Concello de Amoeiro aprobou, cos votos a favor do Grupo de Goberno (PSdeG-PSOE) e do voceiro de XEIDA (Xente Independente de Amoeiro), a solicitude dunha liña de axudas promovida polo Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) por un importe de 407.828 €, cuxo obxecto é substituír 1.258 luminarias obsoletas e de alto consumo polas modernas lámpadas LED, estimándose un aforro de 65.475 € ó ano, de xeito que o préstamo solicitado permitirá anovar o alumeado público, elevar a calidade da visión nocturna e reducir os índices de contaminación por consumo...

febrero 24th, 20161182 Despois da intensa actividade desenvolvida polos técnicos da empresa Viaqua nas instalacións de captación, no bombeo e na rede de subministración municipais, foi posible reducir os niveis de turbidez da auga á normalidade na data de hoxe (24 de febreiro de 2015). En consecuencia, o líquido elemento procedente da nosa traída É APTO PARA O CONSUMO HUMANO, e a partires da mencionada data podese utilizar con seguridade nos fogares do municipio. Polo mesmo motivo, xa non será necesario recorrer ó catering contratado polo Concello de Amoeiro para dar cobertura ó servizo de comedor do CEIP Ramón Otero Pedrayo, que retorna, dende...

enero 24th, 20161357 Mañá luns 25 de xaneiro e tamén durante o día seguinte, a Alcaldía de Amoeiro visitará, xunto a representantes doutras Alcaldías Galegas, distintas sedes da Comunidade Europea en Bruxelas (Parlamento Europeo, Comité das Rexións, Fundación Galicia-Europa, etc.) co obxecto de procurar vías de financiación europea para desenvolver o noso municipio. A apertada axenda destas dúas xornadas inclúe información e formación sobre a política de cohesión a cargo de persoal da DG Regio, así como sobre o Fondo Social Europeo e a Iniciativa Xuvenil de Emprego por parte da DG EMPL. Igualmente, recibirase información sobre as...

octubre 6th, 20155191 Amoeiro TV xa é realidade, e comeza cun acto excepcional: a Conferencia “Cartas de Republicanos Galegos Condenados a Morte, 1936-1948″, impartida no Pazo-Museo Ramón Otero Pedrayo (Cimadevila de Trasalba, Amoeiro) polo Excmo. Presidente da Real Academia Galega, Sr. Dr. Xesús Alonso Montero. Con Amoeiro TV serán moitas as persoas, tanto do concello como alén desta terra, que terán a fortuna de desfrutar destes e doutros eventos municipais a partires de agora. Trátase dunha canle dixital que emite en alta definición a través de internet, carecendo de límites e fronteiras. Este medio de alta calidade está, polo tanto, a...

octubre 1st, 20151180 Na sesión plenaria do pasado 10 de setembro, o grupo socialista propuxo a adopción municipal da ordenanza que recomenda a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para garantir a protección dos fogares ante os lumes. Esta norma, denominada como “Ordenanza Municipal Reguladora da Xestión da Biomasa e das Distancias das Plantacións do Concello de Amoeiro”, é unha extensión da actual Lei 3/2007, de Prevención e Defensa contra os incendios Forestais de Galicia que actúa no solo urbano e de núcleo rural, e ten por obxecto conseguir axeitadas condicións de salubridade e seguridade que preveñan e eviten os...
Page 1 of 16123...