julio 31st, 2022296 O ourensán Miguel Paredes "Miúdo" foi segundo. Amoeiro viviu unha grande xornada de automobilismo este sábado ao recuperar, tras moitos anos sen disputarse, o seu slalom coa disputa da súa décima edición. Cabe destacar o triunfo de Manuel Souto, que ao volanto do seu Peugeot 205 GTI, foi quen de facerse cunha vitoria que non lla puxo nada fácil o ourensán Miguel Paredes "Miúdo", á postre segundo clasificado. Ao terceiro caixón do podio subiuse Iván Picallo cun Citroen Saxo. Despois de tantos anos, regresou, e por todo o alto está proba disputada no Concello de Amoeiro, grazas, sobretodo ao bo facer de Escudería...

julio 28th, 20224318 Todo listo para que este sábado, 30 de xullo, podamos gozar da 10ª edición do Slalom de Amoeiro, que este ano está adicado a D. Ramón Vázquez Piñeiro -primeiro organizador deste slalom-. A proba é puntuable para o campionato Galego da especialidade. Dará comezo a partir das 11 horas facendo unha parada para o xantar e continuarase pola tarde, cando se decidirá...

diciembre 12th, 20211186 O vindeiro 02 de Xaneiro 2022 terá lugar a I BTT Infantil Nadal 2021, organizada por lo Concello de Amoeiro e co apoio da Asociación Os Bieletas. O percorrido será de tipo lineal; con 15 KM que partirán do Campo do Souto de Amoeiro as 10:30h, pasando por diferentes parroquias do municipio. A meta da ruta será no Pazo Otero Pedrayo de Trasalba, donde haberá un refrixerio para os participantes e se facilitará o regreso ó punto de partida para participantes e bicicletas se a situación sanitaria o permite. A idade mínima de participación é de 9 anos, sendo recomendable ser acompañados por pai/nai/titor os menores de 16 anos. A...