diciembre 7th, 20181492OO Concello de Amoeiro ofrece un amplo repertorio de actividades para desfrute da veciñanza entre mediados de decembro e comezos de 2019.
A primeira actividade consiste nunha demostración de voos con drons, que terá lugar no Pazo de Deportes municipal o 16 de decembro, a partires das 16:30 horas, e será a antesala da “Experiencia Drons” que se celebrará ao longo do 6 de xaneiro da vindeira anualidade. Nesta última cita cos drons as nenas e nenos, así como a mocidade, nais e país e maiores poderán practicar con 10 destes aparellos voadores, observar o seu desempeño en dúas pantallas e seguir as instrucións dos expertos que...
octubre 2nd, 20183273O IX Encontro Internacional de Poesía terá lugar este vindeiro domingo 7 de outubro no Parque dos Sentidos de Souto (Amoeiro).
En concreto, 7 poetas procedentes de 5 países (Bolivia, Cuba, Portugal, México e España) recitarán poemas no corazón da municipalidade a partires das 12:00 horas.
O cadro de poetas e poetisas é o seguinte:
Paola Duchén (Bolivia)
Leanne Rivera (Cuba)
Rita Capucho (Portugal)
Carla Ribeiro (Portugal)
Anna Karenina García Fernández (México)
Mario García Montalbán (España)
Gema Cepeda Grande (España)
Entre os sucesivos recitais intercalaranse actuacións musicais,...
septiembre 17th, 20180646Ata o 28 de setembro permanece aberto o prazo para realizar inscricións no programa “Amoeiro Saudable” (anteriormente denominado “Amoeiro en Forma”), que se dedicará, ao igual que en anteriores anualidades, a atender a demanda de actividades psicofísicas no termo municipal de Amoeiro.
O obxectivo final deste programa é aumentar o benestar corporal e psicosocial da cidadanía amoeirense, coas innegables vantaxes e efectos positivos ós que da lugar. Para elo, un conxunto de profesionais especializados pertencentes á empresa Ociosaugal impartirán diversas actividades ó longo da xeografía municipal.
Nun principio,...
septiembre 3rd, 20180279O luns 17 de setembro, ás 18:00 horas, terá lugar na biblioteca anexa á casa consistorial do Concello de Amoeiro unha xuntanza sobre os servizos de Aula Matinal (ou acollida temperá) e Apoio Escolar.
Para esta reunión convócase ás familias de Amoeiro e á AMPA do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, e nela o grupo de goberno municipal presentará á persoa responsable destes novos servizos, informándose da dinámica dos mesmos.
A devandita xuntanza posibilitará responder ós interrogantes formulados e recoller, así mesmo, as suxestións que melloren o desenvolvemento desta iniciativa de apoio á infancia, á calidade do...
septiembre 3rd, 20181248 A partires de hoxe, iníciase a instalación dun elevado número de modernas luminarias con tecnoloxía LED no noso termo municipal. Máis de 1.200 novos puntos de luz mellorarán a calidade lumínica das noites amoeirenses, reducirán o gasto enerxético e, consecuentemente, minguarase a factura eléctrica e o consumo de CO2, pois eliminaranse lámpadas antigas de mercurio, vapor de sodio ou semellantes que resultan custosas de manter e obsoletas na actualidade.
As primeiras luces tipo LED situaranse en diversas zonas das parroquias de Bóveda (Camiño Real, San Paio, O Seixo, O Priorato, Bacurín, e O Tiollo, etc.) e Rouzós (O...
agosto 27th, 20180237O primeiro campamento municipal bimensual e gratuíto fixo as delicias de 76 nenas e nenos, permitiu a conciliación familiar e foi excelentemente avaliado polas nais e pais
Durante os meses de xullo e agosto o Concello de Amoeiro puxo en marcha, por primeira vez, un campamento de verán gratuíto que acadou un grande éxito de participación, pois as 76 nenas e nenos que desfrutaron do mesmo superaron amplamente as previsións iniciais.
Os cativos e as cativas desenvolveron multitude de actividades, que se levaron á práctica de luns a venres e en horario de 10 a 14 horas da man de monitores e monitoras especializados da empresa...
junio 27th, 201811187
Publícanse as referidas bases de acordo co establecido na convocatoria publicada no BOP da provincia de Ourense de data 22 de xuño de 2018, subliñando que o prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do vindeiro 29 do mes en curso.
A inscrición no devandito procedemento selectivo poderase realizar no rexistro de entrada do Concello de Amoeiro ou, alternativamente, mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015....
junio 25th, 20180256O vindeiro 30 de Xuño terá lugar, no que foi o lar do Patrón das Letras Galegas Don. Ramón Otero Pedrayo, a Casa Grande de Cimadevila de Trasalba (Amoeiro), a entrega do Premio Trasalba, que este ano cumpre a súa XXXVI edición.
Nesta magna celebración entregarase o valoroso galardón á centenaria Coral "De Ruada", de Ourense, nunha cerimonia que se desenvolverá, por primeira vez, en horario de serán. En concreto, esta Festa Literaria de homenaxe á sinalada coral comezará ás 19:30 horas coa laudatio de Miguel Anxo Seixas Seoane, á que seguirá a presentación do libro-CD A Coral de Ruada e a propia entrega do premio co busto...
junio 15th, 20184353No actual exercicio fiscal, o Concello de Amoeiro recuperou o servizo de recadación municipal que tiña delegado, ata o de agora, na Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Santa Águeda, de xeito que se achegan á cidadanía os trámites tributarios ó radicar os mesmos na casa consistorial.
Adicionalmente, increméntase a comodidade de pagos mediante as novas tecnoloxías pondo á disposición das persoas contribuíntes unha pasarela de pagamento inscrita na web municipal www.amoeiro.gal. En concreto, na devandita páxina existe unha pestana rotulada co nome de recadación que ao premer sobre ela conduce a unha ligazón que, á súa...