septiembre 12th, 201936161A ANPA, en colaboración co Concello de Amoeiro, oferta este ano no colexio o servicio de "Acollida temperá". Así as familias que o necesiten poderán deixar aos seus fillas/fillos antes do inicio das clases; concretamente de 08:00 a 10:00 (ou ata as 09.15 nos meses de setembro e xuño).
É importante que se consolide este servizo para fixar mais alumnado no centro e que as familias poidan conciliar mellor a sua vida familiar coa laboral.
Animádevos a usalo.
agosto 15th, 2019221371° Torneo Tenis Concello Amoeiro. No noso concello podremos desfrutar de tenis profesional e amateur do 17 ao 25 de Agosto. Organizado polo clube deportivo Dereito-Empresariais e coa colaboración do Concello de Amoeiro e a Universidade de Vigo. #AmoeiroCoDeporte
junio 26th, 201937622O vindeiro Luns 1 de Xullo procedese a apertura das piscinas municipais e pistas deportivas en Costa de Monte. O horario de apertura das zonas de baño sera de 13.00 a 21.00 coa vixilancia de socorristas. Dous meses de ocio e diversión ata o 31 de Agosto. Entrada gratuita.
junio 12th, 201917126Este sábado 15 de Xuño a partir das 10.00, tera lugar no Pavillón de Deportes de Amoeiro o Campionato de tècnica Taekwondo Pumses Infantil. Organizan as mellores escolas da especialidades da provincia. A entrada será gratuita.
junio 7th, 201917200O vindeiro Sábado 8 e Domingo 9 de Xuño, tera lugar unha nova edición do ruteiro de motocicletas Vespa por Ourense. O percorrido atravesará o Concello de Amoeiro no serán do Sabado sobre as 17.00 ata as 20.00; tendo a sua derradeira parada no treito no parque do Souto de Amoeiro. Ali poderanse observar os modelos clásicos deste vehículo tan característico na historia das motocicletas....
junio 4th, 201924332A Alcaldía mediante Decreto do 31/05/2019 aprobou o expediente, a través de Procedemento Aberto e trámite de urxencia, para a contratación da explotación do servizo de Bar existente no Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte (piscinas municipais), conforme aos seguintes datos:
1º ENTIDADE ADXUDICADORA.
Organismo: Alcaldía do Concello de Amoeiro.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2º OBXECTO DO CONTRATO.
Descrición do obxecto: A explotación do bar existente nas instalacións do Complexo Cívico–Deportivo de Costademonte.
Duración do contrato: Tempada de Verán de 2019, do 1 de Xullo...
mayo 30th, 20192616A partires do luns 1 de xullo, comezará o Campamento Municipal de Verán do Concello de Amoeiro, que tanta ledicia causa na nosa infancia e nas nosas familias.
O devandito campamento estenderase a longo dos meses de xullo e de agosto, desenvolvéndose de luns a venres entre as 10 e as 14 horas, responsabilizándose do mesmo a empresa Ociosaugal. As familias interesadas deberán realizar un pagamento de 10 euros quincenais por crianza ou de 20 euros mensuais.
Entre as actividades a realizar inclúense as seguintes: xogos tradicionais, manualidades, talleres de cociña e de reciclaxe, así como actividades medioambientais e...
marzo 29th, 20193661Hoxe deuse a coñecer, na sede da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU), o proxecto que desenvolve esta iniciativa en Amoeiro e no resto dos concellos da Mancomunidade Santa Águeda.
A noticia presentouse esta mañá mediante unha rolda de prensa, que se celebrou nas instalacións de ADERCOU en Barbadás. Coa presenza dos alcaldes de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín, e do representante da empresa adxudicataria que comercializará os servizos de banda ancha (ITEGAL), expuxéronse as características desta proposta innovadora co-financiada pola Unión Europea, que sitúa á poboación destes termos...