septiembre 12th, 20150162 Tras o parón estival, retornan os Obradoiros de Memoria ó Concello de Amoeiro. Así, a partires da semana que comeza e ata finais de ano, esta exitosa e demandada actividade que aglutina a máis de 100 persoas en 6 localizacións públicas ó longo da xeografía municipal proseguirá nas seguintes localizacións con esta distribución de días e horas. LUGAR DÍA HORA A...

septiembre 3rd, 2015096 Acaban de iniciarse as obras para desenvolver unha ansiada mellora no Parque dos Sentidos (Souto, Amoeiro). Trátase do enlousado do paseo que atravesa a diagonal do devandito parque, conectando dous extremos do mesmo de xeito que se facilita o tránsito viario así como o uso e desfrute de tan fermoso entorno. Esta acción fará accesible a circulación ás persoas que precisen cadeiras de rodas, optimizará o tránsito peonil en épocas de choivas e aumentará, ademais, o atractivo dun espazo simbólico que ocupa o corazón da capitalidade municipal. A intervención representa unha continuidade respecto das levadas a cabo neste lugar...

septiembre 2nd, 2015063 O devandito curso terá lugar na Casa de Cultura do Concello de Amoeiro, celebrándose este xoves 3 de setembro, ás 8 da tarde. Delfín Campos Castro, osteópata e fisioterapeuta, será o relator do mesmo.

agosto 12th, 20150131 O 15 de agosto, día grande das Festas de Amoeiro, terá lugar un acto de gala no fútbol-sala amoeirense.  En concreto, no Pazo de Deportes Municipal, ás 7 da tarde, presentaranse ante a afección os equipos feminino e masculino desta categoría deportiva. A continuación, celebrarase un partido amigable entre ambas escuadras futbolísticas....

agosto 12th, 20151173 Comoé costumbre nas Festas Patronais de Amoeiro, e tal como se avanzara en xuño, o Amoeiro CF fará a súa presentación o vindeiro 15 de agosto no Campo Municipal de Fútbol de A Penafita. O acto terá lugar ás 7 da tarde, celebrándose un partido amigable co CD Barra de Miño. Moito ánimo a un equipo renovado, con numerososintegrantes do municipio e que está apoiando ó fútbol local e de base, e grazas ós integrantes do equipo de Barra de Miño por participar no evento....

julio 31st, 2015288 A auga é un prezado ben que todos necesitamos e debemos usar de xeito moderado e responsable. O imperativo de consumo responsable é máximo no verán, no que a actual seca está a reducir a dispoñibilidade do líquido elemento e ameaza coa posibilidade de potenciais cortes de subministración, como foi avanzado recentemente pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Neste senso, debemos lembrar á veciñanza que o caudal de auga pública de consumo humano no concello de Amoeiro procede -na súa totalidade- do río Miño, que é un dos puntos dos que alertou a sinalada confederación hidrográfica. Porelo, pregamos á cidadanía...

julio 14th, 20150184 O domingo 6 de setembro de 2015 celebrarase a Primeira Ruta Cabalar de Amoeiro. Este evento terá o seu lugar de saída en Souto (Amoeiro), ás 10:30 horas, discorrendo por as fermosas paisaxes dos Chaos nunha xornada que será inesquecible para este municipio. Arredor das 14:00 horas, un xantar coroará o paseo desta ruta ecuestre que representa o inicio dunha serie continuada deste clase de percorridos pola nosa xeografía. As persoas interesadas en formar parte deste acontecemento poden obter máis información a través dos seguintes números telefónicos: -          678490430 -         ...

julio 8th, 20151144 O venres comezará a tempada de verán no Complexo Cívico-Deportivo de Costademonte, estendéndose dende o 10 de xullo ata o 9 de setembro, ambos incluídos (dous meses). A demora na apertura está motivada pola protección do novo céspede, en cuxo crecemento incidiron as desacostumadamente altas temperaturas dos últimos meses (unhas das máis elevadas que se coñecen para estas datas). Nin as regas, nin os produtos de aceleramento do crecemento nin os numerosostratamentos especializados utilizados foron quen, a pesares do denodado esforzo dos traballadores e técnicos, de superar os efectos negativos da climatoloxía extrema deste...
Page 16 of 16...141516