septiembre 26th, 2022395
Achegamos imaxes da nova semi rotonda instalada no noso Concello.
Aportará un servizo necesario da man dun estilo visual moi atractivo.
...
agosto 6th, 20225236
Hoxe, sábado de 6 de agosto do 2022, publicáronse no BOP de Ourense as Axudas económicas para responder ao impacto da COVID-19 nas empresas e autónomos do Concello de Amoeiro.
Destinatarios das axudas: Autónomos ou empresas con actividades en locais de atención ao público, agás actividades de atención á saúde das persoas (clínicas, farmacia, vivendas comunitarias e residencia de maiores)
Axudas de 400 € por solicitude
Dotación orzamentaria municipal de 10.000 €
Prazo: 20 días naturais desde o día seguínte á publicación no BOP
Poden descargar...
junio 30th, 20224128Achegamos cartel con algunhas das actividades previstas para este verán 2022 en Amoeiro:
- Campamento de verán: Inscricións desde o 13 de xuño e apertura o 1 de xullo.
- Rally Ourense: 17 Xuño
- Apertura piscinas municipais: 1 Xullo
- Slalom Concello de Amoeiro: 30 Xullo
- Rally Pazo Tizón: 19 e 20 Agosto
junio 30th, 2022588Aberto prazo de inscrición para o Campamento de verán do Concello de Amoeiro 2022.
- Inscrición: do 13 ao 23 de xuño, a través do tlf 988 281 000 en horario de 9:00 a 14:00 h.
Datos do campamento:
- Do 1 de xullo ata o 31 agosto
- Para nenos e nenas de 3 a 12 anos
- Horario: de 10:00h a 14:00h
- Máximo 40 participantes, podendo ampliar se fose necesario
- Haberá un/ha monitor/a por cada 10 participantes
- Importes: 10 €/ quincena - 20 € / mes
...
abril 23rd, 2022689Estas obras, executadas con fondos propios do concello, rehabilitaron o exterior do edificio e actuaron sobre as humidades do interior.
Algúns dos traballos realizados: recuperación das escaleiras exteriores, impermeabilización da terraza, eliminación de filtracións e aplicación de pintura especial anti-humidades; tamén se acondicionou o tellado.
Achegamos fotografías do antes e o despois das obras.
Antes:
Despois:
...
abril 22nd, 2022756
Estas actuacións consistiron na substitución dos automatismos de control e xestión dos equipos de bombeo, melloras de cadros eléctricos, revisión de válvulas de corte e posta a punto dos sistemas de bombeo, permitindo que todo o equipamento principal, auxiliar e de emerxencia estea traballando ao 100%.
As melloras tiveron lugar fai aproximadamente un ano e durante todo este tempo sometéronse ás novas instalacións a diferentes probas técnicas con óptimos resultados. O equipamento substituído estivo operativo desde a apertura das plantas, fai 25 anos.
Estas melloras foron realizadas exclusivamente a cargo de fondos...
abril 20th, 2022487O obxectivo é conseguir un aforro enerxético superior ao 60% nas estacións de depuración de augas residuais de Trasalba e Fontefría, ademais de facilitar o seu mantemento, aumentar a súa vida útil coas obras de renovación e mellora levadas a cabo.
O alcalde do Concello José Luis González López e o concelleiro de Servizos Adolfo González Nóvoa visitaron as instalacións con motivo da entrega das obras de mellora da eficiencia enerxética que se desenvolveron nas depuradoras de Trasalba e Fontefría. “O obxecto destas obras pioneiras na provincia vai permitir ter unhas depuradoras máis eficientes enerxéticamente e o...
abril 20th, 2022783O Concello de Amoeiro substituíu 350 luminarias do alumeamento público por novas luminarias de tecnoloxía LED. Conclúe con esta actuación, levada a cabo no mes de marzo de 2021, a renovación total do alumeamento público do municipio, que permitirá que o aforro enerxético se sitúe por encima do 60%. Desta maneira, este concello dá un paso máis a favor da eficiencia enerxética.
O obxectivo do proxecto era mellorar a eficiencia enerxética na parte restante da iluminación pública de Amoeiro e reducir o consumo de enerxía, mellorando á súa vez o actual estado da devandita iluminación garantindo ademais a seguridade e o...