Amoeiro destaca no eido do emprendemento grazas ós éxitos do Polígono Virtual de Galicia (PVG)

Amoeiro destaca no eido do emprendemento grazas ós éxitos do Polígono Virtual de Galicia (PVG)

En menos de 3 meses o que era un proxecto prometedor transformouse nun éxito sen precedentes. Neste breve lapso de tempo foron moitas as iniciativas emprendedoras que se puxeron en contacto co Polígono Virtual de Galicia (PVG), e decidiron formar parte do mesmo.

Un ritmo trepidante de ilusión comezou a recorrer a provincia, Galicia e aínda fóra da nosa terra, como si xa se estivera á espera unha iniciativa destas características: innovadora, áxil, economicamente accesible, apoiada por unha administración pública (Concello de Amoeiro), constituída por profesionais altamente cualificados (Ciolet Systems, COEUNE, Auriaxés, AGR), e vinculada á sectores empresariais representativos de persoas con dificultades de accesibilidade (COGAMI).

As adhesións e parabéns non se fixeron esperar, e o mércores 11 de decembro foi unha boa proba de elo.

CDO GrupoÁs 18:30 horas, na Sala de Prensa do Estadio do Couto, Clube Deportivo Ourense (CDOU), PVG e Concello de Amoeiro presentaban, de xeito conxunto e agradecéndose mutuamente as colaboracións prestadas,  a  tenda virtual do clube de fútbol máis representativo da provincia. O cumprimento dun soño para o CDOU, e unha grande satisfacción para o PVG e o Concello de Amoeiro. Dende ese momento, as liñas de colaboración co clube ourensán son máis estreitas que nunca.No acto estiveron presentes José Ramón Morgade (Vicepresidente do CDOU), Luís  Estévez (responsable da tenda virtual do CDOU), Xosé González (Xerente do PVG), e Adolfo González (Concelleiro de Deportes do Concello de Amoeiro), Susana Rodríguez (Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Amoeiro) e Rafael Rodríguez (Alcalde de Amoeiro).

Premio con foto JosePouco despois, ás 20:00 horas, realizábase a entrega anual de premios a iniciativas emprendedoras na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). En tal celebración o Polígono Virtual de Galicia (PVG) recibía o Premio á Mellor Iniciativa Emprendedora do Ano na provincia de Ourense, destacándose, tal e como figura na lenda do premio,  “a innovación dun proxecto pioneiro en Europa que á súa vez favorece a cultura emprendedora”. O seguinte éxito do PVG pode ter lugar o vindeiro mércores  18 de decembro, cando terá lugar, na Cidade da Cultura cando se falle o galardón á Mellor Iniciativa Emprendedora do ano en Galicia, na que o PVG figura entre os 5 candidaturas que optan a dito recoñecemento. Xosé González (Xerente do PVG) recolleu o premio nun acto presidido por José Manuel Pérez Canal (Presidente da CEO) e Lois Babarro (Presidente do Círculo de Jóvenes Empresarios), e o que tamén asistiron Susana Rodríguez, Adolfo González e Rafael Rodríguez como representantes do Concello de Amoeiro.

Premio PVGTales son, en definitiva, os logros do PVG na súa curta andaina. O vindeiro venres 21 de decembro celebrarase o Primeiro Congreso do PVG no Hotel Puerta del Camino de Santiago de Compostela reflectindo o empuxe e o alcance que terá un proxecto que xa é realidade e está avalado polo Concello de Amoeiro. As ideas de emprendemento atoparán neste espazo virtual o seu mellor valedor , e todas as persoas que as sustentan están convidadas a este congreso.

Para coñecer con máis detalle a cultura e os valores do PVG poden consultar a súa web oficial (www.poligonovirtualdegalicia.com) ou seguir as súas novas a través de Facebook ou Twitter (@PVGalicia).

Posts relacionados

Leave a Reply