Celebración do Aninovo 2014 en Amoeiro

Celebración do Aninovo 2014 en Amoeiro

Dende hoxe as luces do Nadal alumean as nosas parroquias, e co maior respecto cara quen máis dor sente nesta época do calendario, reciba toda a cidadanía o noso alento, así como o  noso ánimo cara a mocidade que celebrará con entusiasmo a Festa de Aninovo na Casa de Cultura de Amoeiro.

Os festexos de Aninovo están organizados pola Comisión do Entroido de San Marcos, coa colaboración do Concello. Comezarán a partires das 00:30 horas do 1 de Xaneiro, estando amenizados polo Dúo Music-Lar que tamén dispón de discoteca móbil e karaoke para que algúns presuman das súas voces.

A Corporación está ó dispor de toda a veciñanza , coa vocación de servizo que as xentes de Amoeiro tanto merecen, co noso cariño e cos máis sinceros  parabéns.

Cartel Aninovo

Posts relacionados

Leave a Reply