A ANPA do noso CEIP organiza un Mercado de Nadal no Pavillón Municipal de Amoeiro

A ANPA do noso CEIP organiza un Mercado de Nadal no Pavillón Municipal de Amoeiro

A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo de Amoeiro organiza un Mercado de Nadal, que se celebrará no Pavillón de Deportes Municipal o sábado 20 de decembro, en horario de 9 a 14 e de 16 a 20 horas.

A finalidade do evento é recadar fondos para contribuír a financiar actividades extra-escolares das nosas nenas e dos nosos nenos de ensino infantil e primaria, así como animar o Nadal e atraer a persoas emprendedoras que queiran dar a coñecer os seus produtos; estas últimas deben contactar coa ANPA a través do seu evento en Facebook (https://www.facebook.com/events/790547177678825/?fref=ts).

Nestes momentos, parece confirmada a presenza de stands de tipo gastronómico, así como de lambetadas, manualidades, cerámica, artesanía, roupa e complementos.

Posts relacionados

Leave a Reply